Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta unha nova edición dos almorzos saudables nos que participarán máis de 2.100 nenos e nenas


# Venres, 15/01/2010
O obxectivo destes almorzos é potenciar os valores que favorezan comportamentos alimentarios saudables

Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou esta mañá unha nova edición da campaña de almorzos saudables englobada dentro do programa Non só comas, aliméntate que o Concello de Lugo ven desenvolvendo dende o ano 2004.

Nesta edición participarán 25 centros educativos da cidade, cun total de 2.136 rapaces e rapazas de 1º e 2º de educación Primaria.

Segundo a Concelleira, o obxectivo perseguido coa realización destes almorzos é potenciar os valores que favorezan comportamentos alimentarios saudables, sinalando a importancia dun comezo nutricional adecuado do día.

Zarzuela sinalou a importancia de educar nutricionalmente aos máis cativos tendo en conta as cifras dos estudos realizados polo Ministerio de Sanidade e Consumo en diferentes comunidades autónomas que revelan que soamente o 12% dos nenos e nenas almorzan correctamente e que o 20% padecen obesidade polos malos hábitos alimentarios.

A Concelleira agradeceu a “colaboración das entidades patrocinadoras e institucións que prestan o seu apoio ao desenvolvemento deste proxecto”:

- Colexio Oficial de Enfermería

- Grupo Eroski

- Leite Río

- Ingapan

- Federación Española de Municipios e Provincias  (FEMP)

- Comercio Xusto, a través de Cova da Terra.

Zarzuela tamén resaltou a colaboración dos mestres e do persoal dos centros educativos que colaboran nesta campaña. Forman parte xunto co persoal municipal do equipo humano que desenvolve esta actividade que consiste na realización dun almorzo con produtos saudables, froitas, cereais, leite, pan, leite callado, produtos adquiridos nas tendas de comercio xusto (cova da terra) como o cacao, etc.. acompañado da explicación de aspectos nutricionais dende unha perspectiva divulgativa, buscando que quede nos nenos a referencia da importancia dun almorzo saudable e de que impliquen aos seus pais e nais nesta cultura do almorzo.

Nesta actividade empréganse, ademais, elementos audiovisuais, presentacións, e xogos interactivos que axudan a concienciar sobre este aspecto nutricional pero tamén en relación á conservación do medio ambiente, o consumo enerxético eficiente, e outras cuestións educativas.

Esta actividade comezará o próximo día 18 de xaneiro no colexio de Albeiros e rematará o 16 de marzo no colexio de Paradai.

Calendario dos almorzos saudables:

- 18 de xaneiro.- Colexio Público de Albeiros
- 19 de xaneiro.- Colexio de A Ponte
- 20 de xaneiro.- Colexio de Casás
- 21 de xaneiro.- Colexio Cervantes
- 22 de xaneiro.- Colexio As Mercedes
- 25 de xaneiro.- Colexio Infantil Fingoi nº2
- 26 de xaneiro.- Colexio Anexa
- 27 de xaneiro.- Colexio Anexa
- 28 de xaneiro.- Colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela
- 29 de xaneiro.- Colexio Sagrado Corazón
-1 e 2 de febreiro.- Colexio Rosalía de Castro
- 3, 4 e 5 de febreiro.- Colexio Luis Pimentel
- 8 e 9 de febreiro.- Colexio Menéndez Pelayo
- 10, 11 e 12 de febreiro.-  Colexio Quiroga Ballesteros
- 18 de febreiro.- Colexio Público Illa Verde
- 19 de febreiro.- Colexio Fingoi
- 22 e 23 de febreiro.- Colexio María Auxiliadora
- 24 de febreiro.- Colexio Galén
- 25 de febreiro.- Colexio Divino Maestro
- 26 de febrero.- Colexio Virxen da Soedade
- 1 de marzo.- Colexio da Milagrosa
- 2 e 3  de marzo.- Colexio Irmáns Maristas
- 4 e 5 de marzo.- Colexio Pais Franciscanos
- 8 e 9 de marzo.- Colexio Salesianos Divina Pastora
- 11 e 12 de marzo.- Colexio As Josefinas
- 15 e 16 de marzo.- Colexio Paradai

Ademais, a Concelleira explicou que como se fixera no ano 2004 realizarase unha enquisa entre os cativos participantes para elaborar un estudo sobre os hábitos alimenticios dos nenos e nenas lucenses.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova