Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco anima aos xoves lucenses a "seguir formándose" na entrega de diplomas aos participantes no obradoiro "Escola Solidaria"


# Venres, 15/01/2010
Os mozos rehabilitaron a Escola Rural de San Pedro de Mera e a planta alta do Espazo>lab

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, entregaron hoxe os diplomas aos participantes no obradoiro Escola Solidaria. Na súa intervención, López Orozco animou aos xoves lucenses “a seguir formándose como paso previo á súa incorporación no mercado laboral”.

Neste sentido, explicoulles que teñen á súa disposición o espazo de orientación laboral situado en Garabolos, Espazo Lab, ao que poden acudir para recibir información sobre ofertas de formación e emprego no Concello de Lugo.

Escola Solidaria
A Escola Solidaria constitúe un programa de formación de emprego para instruír a mozos e mozas desempregadas menores de 25 anos que non posúan titulación. Esta escola concibiuse como un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas menores de vinte e cinco anos a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

A realización destes servizos de interese xeral e social posibilitou ao alumnado traballador a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional ocupacional recibida, relacionada directamente con dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral.

No proxecto de Escolas Obradoiro impartiuse formación complementaria sobre materias de alfabetización informática, sensibilización ambiental e sensibilización en igualdade de xénero. Así mesmo, impartiuse formación en materia de prevención de riscos laborais correspondente á ocupación que se vai desempeñar, tendo en conta, se é o caso, os contidos recollidos no correspondente certificado de profesionalidade.

Rehabilitación de San Pedro de Mera
A Escola taller Escola solidaria, promovida polo Concello de Lugo, foi concedida para a rehabilitación da antiga escola rural de San Pedro de Mera que se convertería en centro cívico para a zona. Concedeuse con dous módulos: albanelaría e carpintaría de madeira e participaron 25 alumnos ( 17 albanelaría e 8 carpintaría) para un período de 18 meses desde decembro de 2007 ata xuño de 2009 e por un importe de 470.324,75 euros de subvención e 62.473,39 de achega municipal .

Posteriormente pediuse prórroga para continuar cos traballos en San Pedro de Mera e acondicionar a segunda planta do Espazo>lab e Europe Direct por seis meses máis, ata decembro 2009 . A subvención ampliouse con 181.755 euros, e a achega municipal para esta fase foi de 143.344,44.

En total, a achega municipal foi de 205.817,83 e a subvención de 652.079,75.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova