Cargando....
Concello de Lugo
14/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Uns 2.600 atletas participarán na Carreira Nocturna de Reis


# Venres, 15/01/2010
A proba do circuíto Corre con Nós terá lugar o sábado 16 a partir das 19.00 horas

Mañá sábado 16 de xaneiro celébrase a tradicional Carreira Nocturna de Reis na praza Horta do Seminario de Lugo a partir das 19:00 horas. Esta carreira supón a segunda proba para os adultos e a terceira para os cativos do circuíto Corre con Nós desta edición 2009/2010.

Estas probas son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español.

Nesta carreira participarán, preto de 1.200 rapaces e uns 1.400 adultos que participarán seguindo os seguintes horarios:

- 1ª carreira categoría mini: ás 19.00 que percorrerán 400 metros.

- Categoría A ás 19:10 h : 680 m

- Categoría B : 1.400 m

- Categoría C-D: 1.900 m

- Categoría Adultos: 4.100 m

Cortes de tráfico:
18:15 horas.- Corte previsto na Rúa Ramón Ferreiro no lado da Praza Horta do Seminario cortando un sentido da circulación en dirección Anxo López Pérez desde as 18.15 horas dentro das zonas comprendidas entre o semáforo final da Avenida de Ramón Ferreiro ata Salvador de Madariaga para montaxe da infraestrutura da meta.

18:30 horas: Corte do outro sentido de circulación na Avenida de Ramón Ferreiro ata Salvador de Madariaga.

18:45 horas: Corte nos dous sentidos da circulación dos tramos da Avenida de Ramón Ferreiro (nos dous sentidos comprendidos entre Salvador de Madariaga e Celso Emilio Ferreiro con Pintor Corredoira), a Avenida de Rodríguez Mourelo con esquina Horta do Seminario ata a praza de Avilés.

19.00 horas.- Corte na Avenida de Ramón Ferreiro nos dous sentidos de circulación entre Pintor Corredoira e Marina Española.

19:15 horas.- Corte previsto na Avenida de Doutor García Portela nos dous sentidos da circulación.

Horario dos cortes previstos ata ás 20:30 horas para todas as rúas excepto entre Salvador de Madariaga e a esquina Praza Horta do Seminario que permanecerá pechado para o desmontaxe da infraestructura da organización ata ás 21:00  horas.

deportes.lugo.es


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova