Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo oferta novas actividades do Programa de Movida Alternativa Xuvenil para as fins de semana


# Venres, 15/01/2010
Cociña creativa, clases de música, baile ou de fabricación de traxes para o Arde Lucus son algunhas das propostas

A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, pon en marcha un novo programa de Movida Alternativa Xuvenil (MAX) que terá lugar as fines de semana. Este programa inclúe actividades diversas dirixidas á mocidade lucense e que se desenvolverán na Casa da Música.

Os venres:

-21:30h – 00:30h.- Cociña creativa

-21:30h - 23:00h.- Iniciación á guitarra

-23:00h - 00:30h.- Obradoiro de traxes Arde Lucus

Os sábados:

-21:30h – 23:00h.- Street Dance

-21:30h – 23:00h.- Obradoiro de coiro Arde Lucus

-23:00h - 00:30h.- Capoeira

Ademais todos os días da semana haberá entre as 16.30 e as 00:30 horas actividades de xogos de enxeño, plataformas de baile, consolas, billar, ping-pong, etc.

Previlugo
Por outra banda, a Concellería de Xuventude continúa coa oferta de obradoiros Previlugo para o curso 2009/2010 que se desenvolverán en distintos centros públicos e concertados da cidade e que teñen como destinatarios aos alumnos e alumnas da ESO e BAC.

O obxectivo principal deste programa é a educación en valores que o Concello pretende achegar aos estudantes da ESO e Bacharelato de Lugo. Esta formación distribúese en obradoiros centrados en diferentes temáticas, sendo os propios centros de ensino os que elixen aqueles que mellor se adaptan ás necesidades do seu alumnado.

- Educación afectivo-sexual.
- Resolución de conflitos I e II.
- Educación para a igualdade.
- Consumo responsable.
- Prevención da violencia.
- Promoción da saúde.
- Habilidades sociais I e II.
- Técnicas de estudo I e II.
- Culturas para convivir.
- Obradoiros para docentes

Os Institutos de Educación Secundaria de Lugo que participan no programa, ata o día de hoxe, son:

- IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

- IES Xoán Montes.

- IES Politécnico.

- IES Leiras Pulpeiro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova