Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo salienta que o Cumio de Alcaldes e Cidades sobre Drogas Europa, América Latina e o Caribe "permitirá poñer a Lugo no mapa do mundo"


# Venres, 15/01/2010
* López Orozco pídelle á Xunta que sexa o nexo de unión de toda a axuda humanitaria que se destine a Haití e fai un chamamento á solidariedade co país caribeño

Imaxe Asociada

* O Cumio celebrarase na cidade de Lugo no mes de abril e está previsto que acudan 300 persoas de todo o mundo

* O Cumio forma parte do programa de actos de España como sede da Presidencia da UE


O Alcalde destacou hoxe que o Cumio de Alcaldes, Alcaldesas e Cidades sobre drogas Europa, América Latina e o Caribe que se celebrará en abril na cidade de Lugo, permitirá poñer á cidade no mapa do mundo. Espérase que participen 300 persoas de institucións, políticos e expertos na materia, que, como destacou López Orozco, “serán recibidos en Lugo cos brazos e a Muralla abertos”.

No acto o Alcalde estivo acompañado polo xerente de EULAC-CIDAC, Antonio Lomba, polo fiscal antidroga de Galicia, José Luis Conde, e pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre.

O Alcalde manifestou o seu interese porque as resolución do Cumio pasen a formar parte da reunión dos máis altos representantes na materia que se desenvolverá entre todos os países latinoamericanos e do Caribe no mes de maio. “Esperamos que formen parte das resolucións que se tomen nese Cumio e que se fale do traballo feito en Lugo e ao mesmo tempo se fale da cidade”, incidiu.

En relación co borrador do programa coñecido hoxe, explicou que é un documento froito dun traballo intenso e que verá concretados os ponentes en datas próximas. “Esperamos que sexan unhas xornadas de estudo, de debate e que contribúan á erradicar o problema da droga”, resaltou.

Agradecementos
Na súa intervención, o Alcalde de Lugo agradeceu a colaboración de todos os patrocinadores e organizadores, especialmente o afecto demostrado polo Goberno de España ao ter incluído o Cumio no programa de actos da Presidencia española da UE para este semestre.

Así mesmo, o Alcalde de Lugo explicou que se ben a Xunta de Galicia aínda non se sumou ao proxecto, se espera contar con eles nun evento de tanta envergadura.

Importancia do Cumio
López Orozco destacou como os puntos fortes do Cumio dous: o contido das xornadas e a inclusión do evento no Lugo10. Así, explicou que as xornadas propiciarán que as cidades se unan para traballar contra unha lacra social como é o mundo da droga. Por outro lado, subliñou a importancia de que o Cumio se celebre no Ano Xacobeo e no ano no que se celebra o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial o que, destacou, “permitirá poñer a Lugo no mapa do mundo coa súa presenza en América, no Caribe e en Europa”.

Liderado amosado por Lugo
Pola súa banda, o xerente da CIDAC, salientou o liderado mostrado por Lugo no proxecto e na loita continua e permanente contra as drogas. Recordou a presenza de López Orozco na OEA en Washington que supuxo “a primeira vez que un Alcalde pisaba a institución”.

Así mesmo, puxo en valor a celebración do Cumio por ser un “evento que suma sinerxias de todo tipo e no que están implicados e cooperan organismos europeos e de todo o mundo”. Recordou que a CICAD ten distando 1,4 millóns de euros ao desenvolvemento do proxecto.

Expuxo que Lugo é un punto de referencia para moitos outros territorios e cidades e así teñen establecido contacto con Lugo para recibir información e asesoramento en relación coa loita contra as drogas.

Aspectos concretos do Cumio
O Cumio de Cidades e Alcaldes entre Europa e América encadrase dentro das actividades da Presidencia Española da Unión Europea do primeiro semestre do 2010. Este cumio desenvólvese no marco do proxecto EU-LAC Alianza de Cidades en Tratamento de Drogas (iniciativa coordinada pola Comisión Interamericana para o Control do Abuso de Drogas (CICAD), Secretaría de Seguridade Multidimensional da Organización dos Estados Americanos (OEA), e financiada pola Comisión Europea).

O Cumio de Lugo apoia os obxectivos de benestar social e cidadá, polo medio da innovación e a cohesión social. Máis concretamente, e dentro do contexto dos restos que plantexa a problemática das drogas, este cumio estará centrado no debate sobre o desenvolvemento de políticas públicas a nivel municipal e interinstitucional que permita a incorporación socio-laboral do cidadán dependente de drogas, dentro do contexto da seguridade e a cidadanía.

Para elo, Lugo terá como eixe contextual o das políticas municipais, facendo énfase nas causas da exclusión social do individuo e a súa vinculación co consumo das drogas, tanto dende o punto de vista da prevención e o tratamento, así como das estratexias, programas e instrumentos provistos polas distintas institucións para o desenvolvemento de políticas públicas axeitadas en redución da demanda de drogas.

Así, o Cumio de Lugo propiciará o escenario para que se produza o diálogo necesario entre distintas institucións e perspectivas a nivel municipal (sanidade, servizos sociais, xustiza e seguridade, entre outras).

No Cumio de Lugo compartiranse experiencias levadas a cabo a ambos lados do Atlántico nas distintas áreas de traballo. Entre elas, aquelas que se desenvolveran ao largo dos últimos tres anos dentro do contexto do proxecto EU-LAC Alianza de Cidades en Tratamento de Drogas.

Durante tres días, os participantes poderán formar parte dun diálogo actualizado sobre evidencias actuais, experiencias levadas a cabo en distintos países e cidades, e retos futuros aos que as nosas sociedades e cidadáns se enfrontaran nun futuro nesta materia.

Áreas temáticas
- A problemática das drogas dentro da perspectiva da seguridade cidadá (tribunais de tratamento de drogas, xustiza/sanidade, prevención do delito).
- Cooperación inter-institucional para o desenvolvemento de políticas integradas de redución da demanda de drogas: prevención do consumo, tratamento da dependencia de drogas, e reinserción socio-ocupacional.
- A responsabilidade dos alcaldes e as cidades no abordaxe da problemática asociada o consumo de drogas.
- Actualizacións e estratexias desenvoltas na acción preventiva sobre o consumo de drogas a nivel municipal.
- Integración dos servizos de tratamento nos sistemas xerais de saúde e alternativas locais de atención na comunidade.
- Políticas baseadas na evidencia e investigación (papel de observatorios, universidades)
- Estratexias para o desenvolvemento de recursos humanos en redución da demanda.

Perfil dos participantes
Alcaldes de cidades dos continentes europeo e americano
Comisións Nacionais sobre Drogas.
Responsables de programas de prevención (nacional e municipal)
Responsables de programas de tratamento
Representantes de ministerios de xustiza, sanidade, interior
Xuíces, fiscais, avogados defensores, oficiais de enlace de tribunais de tratamento de drogas.
Observatorios sobre drogas
Universidades e centros de investigación

Intitucións Organizadoras e Patrocinadoras:
1. Comisión Interamericana para el Control del Abuso de Drogas (CICAD), Secretaría de Seguridad Multidimensional de la Organización de los Estados Americanos (OEA)
2. Concello de Lugo
3. Comisión Europea
4. Ministerio de Sanidad y Política Social. Delegación Nacional del Plan Nacional sobre Drogas
5. Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación
6. Deputación Provincial de Lugo
7. Federación Española de Municipios y Provincias

Máis información
Toda a información sobre o Cumio, incluído o borrador do programa está á disposición de todos na web www.cumbrelugo.org .

Chamamento de axuda para Haití
O Alcalde de Lugo fíxolle un chamamento á Xunta de Galicia para que sirva como nexo de unión na axuda que se destine ao país caribeño. Trasladou a súa dor polo acontecido en Haití logo do terremoto do pasado mércores e pediu solidariedade cun país castigado pola historia e pola catástrofe.

Así mesmo, expresou o seu desexo de que no Cumio do próximo mes de abril poida haber representantes de Haití.

www.cumbrelugo.org

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova