Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O equipo de Goberno levará ao vindeiro Pleno a memoria xustificativa para a creación da sociedade mixta de turismo


# Luns, 18/01/2010
A Comisión de Municipalización do Servizo Turístico aprobou o documento de forma unánime

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, deu conta dos asuntos tratados na xuntanza da comisión de Municipalización do Servizo Turístico. Esta foi a segunda xuntanza desta Comisión na que están representados todos os partidos políticos do Pleno, os servizos administrativos do Concello relacionados con este servizo e os representantes da Cámara de Comercio e a Asociación de Hostaleiros de Lugo.

Burgo manifestou a súa satisfacción por cumprir co primeiro trámite para a creación da sociedade mixta para a xestión do servizo de turismo de Lugo, xa que se aprobou unanimemente a memoria xustificativa da creación deste ente.

A Concelleira explicou que esta memoria irá ao Pleno do vindeiro 1 de febreiro para ser aprobada por este órgano de Goberno. Despois deste trámite deberá ser publicada no BOP e exposta ao público durante 30 días. Para rematar coa creación da empresa de turismo terán que elaborarse os pregos de condicións de compra das accións. As accións que se porán á venda supoñen menos do 30% do total, máis do 70% será do Concello. Burgo explicou que a intención da Comisión é que o accionariado privado corresponda a organizacións sen ánimo de lucro.

Segundo a responsable da Área de Cultura e Turismo a empresa podería estar formada a mediados de ano, no mes de xuño ou xullo. “Este ente xestor constituirá un antes e despois no turismo de Lugo e porá á cidade nas mesmas condicións que as cidades máis importantes desde o punto de vista turístico do noso país”, afirmou.

“Para min é primordial contar cun ente xestor profesional e dinámico de turismo nesta cidade para continuar coa importante labor levada a cabo polo Concello nos últimos anos en prol do turismo”, explicou.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova