Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo convoca unha nova edición do Concurso de Ferretes Entroido 2010


# Luns, 18/01/2010
Repartiranse un total de 500 euros en premios

A Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, organiza, en colaboración coa Asociación “Pepe Barreiro” de Lugo, o 6º Premio de Ferretes Entroido 2010 con motivo da celebración do próximo Enterro da Sardiña que se celebrará o día 17 de febreiro.

Segundo as bases do concurso poderá optar a este premio calquera cidadán sen límite de idade. Os traballos terán que facer referencia a acontecementos de actualidade, preferentemente referidos á nosa cidade de Lugo e a Galicia.

Os textos deberán estar redactados en galego: o estribillo terá que ser unha estrofa de catro versos heptasílabos e os ferretes recitados, como mínimo de catro e máximo de seis.

Os traballos deberán entregaranse na Concellería de Cultura e Turismo, sito na praza Maior nº1, antes das 14.00 horas do día 11 de febreiro de 2010, nun sobre dirixido á Asociación Pepe Barreiro, no que figurará como remitente un pseudónimo, e no seu interior, outro sobre co nome, enderezo, e teléfono de contacto.

Repartiranse un total de 500 euros en premios:

- Estribillo                                        150 €

- 1º Premio                                       100 €

- 2º Premio                                         50 €             

- 3º Premio                                         30 €

- 17 Premios cada un de                     10 € 
 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova