Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e Abracadabra Producións organizan unha gala de maxia benéfica a favor de Haití


# Martes, 19/01/2010
* Será o vindeiro domingo 24 de xaneiro ás 18.00 horas no Auditorio Municipal
*O Concello tamén colabora coa actuación benéfica do Circo Roma que terá lugar o xoves


Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Mago Rafa, presentaron esta mañá unha gala de maxia benéfica a favor dos damnificados polo terremoto que días atrás se produciu en Haití. Esta actividade terá lugar o vindeiro domingo 24 de xaneiro ás 18:00 da tarde no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.

A entrada colaboración á gala terá un prezo único de 5 euros, e poderanse comprar na taquilla do auditorio desde unha hora e media antes da función.

O título do espectáculo será “Maxia por un Soño” e participarán os seguintes artistas:

Magos:
Jose Antonio Díaz (presentador e presidente del Colectivo Máxico Waldemar)
Mago Rafa (Lugo)
Manuel Lamas (Lugo)
Mago Teto (Viana do Bolo)
Dani García (Neda)
Martin Andersen (Arxentina)
Román García (A Coruña)

Malabarista:
Pablo Trasno (Santiago de Compostela)

A Concelleira explicou que o “Concello de Lugo está encantado de colaborar con esta iniciativa e agardo que a solidariedade dos lucenses quede demostrada enchendo o auditorio e acadando unha boa recadación”.

Circo solidario
Por outra banda, a Concelleira anunciou que o Concello tamén colaborará coa gala benéfica organizada polo Circo Roma Dola. Esta actuación terá lugar o vindeiro xoves 21 de xaneiro ás 19.00 horas na explanada do Pazo Municipal dos Deportes.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova