Imprimir

O CONCELLO DE LUGO PRESENTA UNHA PUBLICACIÓN COS RELATOS GAÑADORES DO X E XI CERTAME DE NARRACIÓN CURTA ÁNXEL FOLE


19/1/2010 O libro recolle oito relatos: catro en galego e catro en castelán

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou o libro que recolle os relatos premiados nas últimas edicións do Certame de Narración Curta Ánxel Fole. O acto tivo lugar ás oito desta tarde no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Baixo o subtítulo de Dous anos de contos, a publicación recolle os oito relatos gañadores, catro na categoría de galego e catro na de castelán.

O volume compila as seguintes obras:
- O bestiario máxico do abade de Francisco Rozados Rochi.
- As sete tristes notas do meu valse de Rocío Leira Castro.
- El cepillo de dientes de Miguel Ángel Mala.
- La misma luz, los mismos colores de Juanma Cortés.
- O valedor de Xoan Xosé Piñeiro
- A endeble esencia de Martiño Maseda
- Mujeres para entretener a un preso de Saturnino Valladares López
- El animal de José Manuel Moreno Pérez

Este é o cuarto volume dunha serie iniciada no ano 2005.

A Concelleira de Cultura explicou que “este certame converteuse xa nunha referencia importante nos eidos da narrativa curta, ese xénero tan fermoso e tan difícil no que tanto brillou o gran escritor lucense que lle dá nome”.