Cargando....
Concello de Lugo
21/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo defende que da lectura do sumario non se desprende a implicación de ningún concelleiro no caso das multas


# Martes, 19/01/2010
* López Orozco manifesta que todo o mundo é inocente ata que se demostre o contrario

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, defendeu hoxe a presunción de inocencia da Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, tal e como se desprende do sumario do caso das multas coñecido os pasados días e en contra do publicado por algún medio de comunicación. “Lin o amplo dossier e non atopei o nome de ningún concelleiro, polo tanto entendo que non se pode falar de imputacións de concelleiros ou que vai ser chamada a declarar porque tampouco ela recibiu nin a máis mínima notificación”. “Todo o mundo é inocente ata que se demostre o contrario”, remarcou.

Así mesmo, manifestou a total colaboración coa xustiza e indicou que os servizos xurídicos do Concello “marcarán o camiño a seguir e as actuacións a levar a cabo en relación co caso”.

Lopéz Orozco pediu que non se fagan xuízos paralelos aos da propia xustiza, nin mediáticos, nin políticos. Ademais o Alcalde defendeu a reforma levada a cabo na Policía Local por parte dun equipo de goberno “responsable que intenta que todo vaia ben”.

Nome do novo Hospital
En relación co nome do Novo Hospital, López Orozco indicou que, unha vez tratado o asunto, o “importante é poñerlle data a apertura do complexo e que poida funcionar con normalidade”. Finalmente, o novo do Hospital será nomeado como Lucus Augusty e un dos tres pabellóns levará o nome de Rafael de Vega, tal e como apoiaba o Concello.

Parque de Rosalía
Preguntado polos xornalistas sobre a oposición do BNG a pechar o Parque de Rosalía, López Orozco amosou a súa sorpresa, posto que aínda non se coñece o proxecto, “polo que o BNG tampouco pode coñecelo”. Animou aos partidos políticos a apoiar proxectos que pretenden salvagardar espazos emblemáticos como o parque e así protexelos de fenómenos prexudiciais como pode ser o do botellón.

Así mesmo, recordou que o proxecto que se leve a cabo seguirá as indicacións fixadas no Plan Director.

Decreto do galego
Sobre o informe emitido pola RAG en relación co novo decreto do galego, López Orozco defendeu que “se un organismo tan importante emite un informe nese sentido, de ser o Presidente da Xunta mandaría parar a súa aplicación e chamaría ao consenso das forzas políticas e sociais”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova