Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo participa na xornada International Day da USC


# Mércores, 20/01/2010
A Concellería de Xuventude proporcionou diverso material informativo aos estudantes de fóra da cidade

O Concello de Lugo participou hoxe, a través da Concellería de Xuventude que dirixe Rosana Rielo, na xornada International Day que se celebrou na Escola Politécnica Superior. O obxectivo desta xornada é que o alumnado estranxeiro achegue a súa cultura á comunidade da USC á vez que se promove a mobilidade.

Estudantes de Turquía, Filipinas, Uzbekistán, Italia, Portugal e Chequia presentaron os seus países de orixe, con referencias á xeografía, historia, gastronomía e mesmo á vida estudantil, en diferentes postos e presentacións preparadas por eles.

Ao mesmo tempo os estudantes recibiron toda a información de Lugo que precisan no stand que o Concello instalou no centro ao longo da xornada. Foron informados das actividades xuvenís, culturais, sobre as asesorías dirixidas á mocidade, sobre eventos como o Arde Lucus, sobre información laboral e formativa que ofrece o Concello, entre outros.

O International Day acolleu tamén diversas actividades culturais. Así, a alumna turca Esma Gamza interpretou o ney, instrumento típico do seu país, e a Compañía de Teatro do Campus de Lugo e o Espazo de Danza Universitaria da USC puxeron en escea cadansúa performance.

Coa celebración desta xornada preténdese que os estudantes e profesores da USC coñezan de primeira man outros países, así como as oportunidades de estudo e traballo que ofrecen a través do contacto directo e o intercambio de experiencias cos alumnos estranxeiros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova