Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Fitur acolle a presentación da programación de Lugo10 que conmemora o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial co obxectivo de que "o pasado romano de Lugo nos proxecte ao futuro"


# Mércores, 20/01/2010
López Orozco avanzou que ao remate do ano se volverá colocar unha pancarta das balconadas do Concello na que diga: conseguímolo entre todos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • O Alcalde da cidade, o Presidente da Deputación de Lugo e o Conselleiro de Cultura foron os encargados de dar a coñecer toda a programación que conmemora o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial
  • Ambos os mandatarios lucenses tiveron ocasión de saudar ás SSMM os Reis ao seu paso polo stand de Turgalicia
  • Ao remate do acto a Deputación repartiu 500 lotes de produtos autóctonos aos asistentes
  • O Conselleiro de Cultura referiuse á Muralla como icono arquitectónico e símbolo identitario

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentaron a programación Lugo10 que conmemora o décimo aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial na Feira Internacional de Turismo, Fitur, en Madrid.

López Orozco e Gómez Besteiro tiveron a ocasión de saudará ás SSMM os Reis aos eu paso polo stand de Turgalicia. Ademais asistiron á presentación da guía de hostaleiros E para comer Lugo.

O Alcalde agradeceu a colaboración da Deputación, do Conselleiro e dos patrocinadores, moitos deles presentes no acto, para facer posible o proxecto Lugo10. Así mesmo, avanzou que quere rematar o ano colgando unha bandeira nas balconadas do Concello, ao igual que aquel 30 de novembro de hai 10 anos, na que diga: “Conseguímolo entre todos. Porque queremos que sexa unha obra de todos a que permita dar a coñecer aínda máis a nosa cidade”.

López Orozco explicou no acto de presentación de Lugo10 que unha das finalidades desta programación é elevar á cidade ao cumio do coñecemento e recoñecemento mundial. “Queremos que Lugo sexa aínda máis coñecida fóra das nosas fronteiras”. “Imos aproveitar o pasado romano de Lugo e proxectarnos de cara o futuro”, destacou.

Entre os obxectivos marcados de Lugo10 están: reactivar a economía, impulsar o turismo, apostar polos proxectos lucenses e pola promoción exterior da Muralla. “Que en todos os actos que faga o Concello se prime a filosofía do Lugo10 e implicar o conxunto da cidadanía que levará o nome da cidade e da Muralla ao mundo enteiro. Temos que ser entre todos difusores da nosa riqueza”, remarcou.

Hai 10 anos a cidadanía xogou un papel fundamental, un papel que se pretende recuperar para continuar a por en valor o patrimonio máis valioso da cidade e, conseguir de novo que a Muralla sexa o altofalante de Lugo no mundo enteiro.

O Alcalde explicou aos asistentes que baixo a marca Lugo10 englóbase todo un programa de actos e actividades que se desenvolverán ao longo de todo o ano e que estarán dirixidos á cidadanía en xeral e a potenciar a autoestima da cidade e facer que esta “sexa contaxiada a todos os que nos visiten e nos coñezan”.

Lugo10 recolle ademais as potencialidades do noso pasado romano, a nosa Muralla e o Camiño de Santiago que pasa por Lugo nun ano no que, ademais é Ano Santo. Esas potencialidades serán levadas a todas as esferas da sociedade: aos barrios, aos colexios, á rúa, ao centro, ao rural... Será unha programación que pretende implicar ao maior número posible de persoas: aos nenos, aos maiores, ás empresas, ás institucións, aos políticos....

José López Orozco presentou Lugo10 aos medios de comunicación e a todos os asistentes entre os que se atopaban ilustres lucenses e galegos que residen en Madrid e que poden colaborar co desenvolvemento turístico da cidade; como o Director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, a Directora do Instituto da Muller, Laura Seara, ou a finalista do Premio Planeta, Marta Rivera. Ademais, ao acto foron invitados os touroperadores, profesionais do sector e o gran público para que coñezan Lugo10 e as potencialidades que o noso territorio ofrece.

No acto proxectáronse diferentes vídeos sobre Lugo, as súas potencialidades e as súas excelencias, tanto culturais, como medioambientais. Así mesmo, distribuiuse material promocional, tanto no acto de presentación de Lugo10 como no stand que o Concello de Lugo ten habilitado na feira.

Degustación de produtos autóctonos
Por outra banda, a Deputación de Lugo está a apoiar a programación de Lugo10 e nesta ocasión entregou en Fitur 500 lotes de productos autóctonos dentro da campaña Lugo Sabe. Nestes lotes hai mel do Valadouro e mermelada do Caurel. Trátase dun lote de produtos elixidos, algúns deles, pola Presidencia do Goberno como un dos agasallos institucionais de Nadal.

Os motivos que xustifican a visita á provincia

Gómez Besteiro destacou que non só Fitur está de aniversario, “en Lugo tamén estamos de cumpreanos: o décimo da Muralla como Patrimonio da Humanidade”.

O Presidente da Deputación de Lugo convidou a todos os asistentes a visitar Lugo apuntando tres motivos para facelo:

Ao igual que a Muralla é Patrimonio Mundial, máis do 55% do noso territorio é Patrimonio Natural, xa que está declarado pola UNESCO como Reserva da Biosfera. Se a esta privilexiada natureza, lle engadimos 100 quilómetros de praias de area branca e fina… entenderán porqué reivindicamos que “Lugo ten mar” –aínda que algúns aínda pensen que é unha provincia de interior- e tamén comprenderán porqué a nosa aposta é o turismo medioambiental de calidade.

En segundo lugar referiuse aos visitantes que o Ano Xacobeo atraerá a Galicia. Así, destacou que a Deputación se puxo mans á obra desde o minuto un pola oportunidade económica que representa o Ano Santo. Recordou que Lugo é a provincia que máis quilómetros ten sumando os diferentes camiños, máis de 800.

Salientou que a Deputación foi a primeira Administración en pór en marcha unha programación estable previa ao Xacobeo e, neste sentido, referiuse á posta en marcha dun programa turístico medioambiental denominado “km0 a Compostela” que se pode descargar da web oficial onde se ofrecen itinerarios cheos de sorpresas.

Por último referiuse á colaboración da Deputación en Lugo10. Así, explicou que non foi posible, por motivos de seguridade, trasladar a un grupo de romanos caracterizados que axudasen a promocionar Lugo, o Arde Lucus e o pasado romano.

Icono arquitectónico e símbolo identitario
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, amousouse orgulloso de participar na homenaxe á Muralla de Lugo, recordando parte da súa historia recente e a importancia que, ao seu xuizo, “ten para a ciudade lucense e para o conxunto de Galicia como Patrimonio Mundial, icono arquitectónico e símbolo identitario”.

“Quero felicitar aos Promotores de Lugo10 polo complexo programa de actos e actividades para conmemorar esos 10 anos da declaración como Patrimonio Mundial da cerca, e pola sabia vinculación deste programa co Camiño de Santiago; así como aproveitar para recordar que desde a Consellería de Cultura e Turismo traballamos diariamente con ilusión e rigor para lograr, en colaboración con todas as administracións e os axentes sociais involucrados, o desenvolvemento cultural e turístico da nosa terra”.

Roberto Varela recordou un texto de Juan Rof Carballo; nel retómase o escrito por seu pai, Juan Rof Codina. Este escrito ofrece, a modo de apunte poético, unha lenda escatolóxica que abunda no que lle podería ocorrer a Lugo se a Muralla desaparecera. O conselleiro de Cultura e Turismo amosouse moi identificado nas seguintes palabras de Juan Rof Carballo.

Entre los papeles de mi padre hay un artículo publicado a comienzos de este siglo en un periódico de Lugo . Había entonces quien pensaba echar abajo la Muralla de Lugo pensando que era una dificultad para el progreso. Mi padre razona que harían falta tantos carros de bueyes para transportar la tierra que la empresa era imposible. Pero, en realidad, mi padre (...) presentía que la muralla lucense era algo más que un monumento histórico. Es un círculo taumatúrgico. (...) El día que este círculo mágico se rompa, Lugo desaparecerá por los aires, llevado por los ángeles, o se hundirá en la tierra.
(Concluye Juan Rof Carballo…)

Lugo es la ciudad perfecta. (...) Ahora los arquitectos modernos buscan el plano de la ciudad ideal; unos en la razón, en la racionalización de las necesidades del hombre. Otros se dan cuenta que una ciudad, por moderna que sea, es siempre recinto sagrado, símbolo, mito. En este sentido no creo que haya una ciudad más perfecta que Lugo.


Listado de actividades-eventos que se programan no marco de Lugo10:

Como se ven sinalando a programación non está pechada integramente, polo que se irán desvelando os seus pormenores conforme vaia avanzando o ano e aumente o número de patrocinadores.

Igualmente, hai unha serie de actuacións que xa forman parte de Lugo10:

1.Coca-Cola a través de Begano deseñará unha botella conmemorativa de Lugo10 e o Décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial. A botella será difundida en todas as súas canles de venda.
2.A Fundación ONCE traducirá a braille toda a documentación que se empregue para a difusión de Lugo10, así mesmo fará un cupón conmemorativo deste aniversario e traerá a Lugo unha exhibición nacional de cans guía.
3.A produtora do filme Agora, Mod Producciones, traerá a Lugo unha exposición con todos os traxes da película. Non é unha exposición itinerante, co cal é a única cidade do mundo que contará coa mostra.
4.Haberá exposicións. Tamén con varias propostas externas como as da Fundación La Caixa, incluídas en Lugo10, por exemplo a recoñecida exposición Orígenes.
5.DO Ribeira Sacra elaborará un viño conmemorativo, etiquetado como Lugo10.
6.Lugo10 estará presente na celebración do 75 aniversario do Club Fluvial.
7.Realizaranse actividades nos colexios, coas asociacións, cos clubes deportivos, cos centros de convivencia, na zona rural...
8.Farase un encontro internacional de bloguers e redes sociais en relación coa Muralla.
9.Toda a programación anual relacionada co Concello centrarase no decimo aniversario da muralla. Visitas teatralizadas, certames, Arde Lucus...
10.Haberá un servizo de guías exclusivo para a Muralla que poderán utilizar os lucenses e os visitantes.
11.Teremos sorpresas cos hostaleiros da cidade, e crearemos o premio Lugo10 no concurso de Tapas e pinchos.
12.Iberia bautiza a un dos seus Airbus 320 tamén como Muralla de Lugo.
13.O Conservatorio de danza de Lugo comezou xa a preparar unha coreografía sobre a muralla que presentarán ao longo do ano.
14.O humor, virá da man, entre outros de Luis Piedrahita e Flipy.
15.Estarán en Lugo, Los Secretos, coa súa nova xira.
16.Música clásica: o ano 2010 traerá á cidade a grandes figuras da música como a mezzosoprano italiana Romina Basso, a soprano madrileña María José Moreno, o pianista italiano Andrea Lucchesini, a soprano extremeña María Espada ou as dúas mezzosopranos suecas, Ann Hallenberg e Katerina Karnéus.
17.Tamén visitarán a cidade dúas agrupacións de renome internacional como La Risonanza e Il Complesso Barocco dirixidas, polos prestixiosos directores e fundadores Fabio Bonizzoni e Alan Curtis. Case todos eles debutan en Lugo.
18.Tamén haberá breakdance e música lucense polas rúas e prazas da cidade.
19.Os máis novos e os colexios, terán un papel protagonista. Lugo10 entrará de cheo no Goberno Infantil e celebrarase unha festa cos cativos e cativas de Lugo que cumpren 10 anos neste 2010.
20.Ademais da aposta dos clubes que levarán o nome da nosa cidade e da nosa Muralla romana alí onde vaian, o deporte de base e de elite tamén terá presencia en Lugo10. Levarase a cabo por primeira vez en Lugo a Subida pedestre á calzada romana e a I Subida a Lugo. Ademais da Carreira Solidaria Lugo Monumental Gran Premio Lugo10. En total haberá máis de 100 actividades deportivas ao longo de ano que se desenvolverán entorno á Muralla Romana de Lugo.
21.Europa tamén se fixará este ano na nosa Muralla. Lugo, entre outras cousas acollerá un encontro de cidades con patrimonio mundial romano.
22.Teremos tamén un San Froilán de luxo entorno á muralla e con concertos Lugo10.
23. Arde Lucus terá como eixo motor o pasado romano lucense e o seu monumento máis emblemático. Será os días 25-26 e 27 de xuño. Con numerosas novidades enmarcadas en Lugo10.
24.Abrazo á Muralla
25. Antes do verán porase en marcha un stand turístico-medioambiental móbil e pioneiro en España, en forma de barco pesqueiro, homenaxeará á Muralla, levando o seu nome por toda a xeografía española. O Barco Muralla de Lugo non só funcionará como aula medioambiental, promocionando a nosa provincia, senón que “surcará” as estradas para estar presente en feiras e festas contribuíndo á comercialización dos produtos autóctonos lucenses. Neste momento estamos ultimando a construcción do barco, que no seu interior ten ordenadores, todo tipo de información medioambiental da nosa provincia e mobiliario náutico. Presentaremos o Muralla de Lugo nunha “botadura” oficial, como se fai con todas as embarcacións.
26.Este ano celebramos o decimoquinto aniversario do Centro de Artesanía e Deseño. Reorientamos esta celebración ó décimo aniversario da Muralla, polo que un dos actos principais será a “Pasarela Muralla Moda 2010”, en colaboración coa tenda “Dulce Locura” de Lugo. Presentaremos as últimas tendencias do mundo da moda xunto ás creacións dos nosos artesáns, deseñadores e xoieiros, e todo cun fin solidario, xa que os beneficios da gala serán destinados a organizacións sen ánimo de lucro.
27.Igual que esta provincia medrou de costas á Mariña lucense, a cidade de Lugo ten que seguir abríndose ó río. A Deputación inicia este ano a campaña Lugoteando, dedicada a Lugo e a auga. Dentro do aniversario da Muralla, organizaremos actividades acuáticas que poñan en valor o segundo patrimonio lucense ademais do histórico: o medioambiental.
28.Para conseguir a máxima difusión fóra de Galicia, desde a Fundación TIC -dependente da Deputación de Lugo- celebraremos este ano o I Concurso Nacional de Curtas e Maquetas “Lugo 10”. Aínda que imos presentar publicamente as bases, as curtametraxes e un mínimo de cancións das maquetas de música terán que versar en torno á Muralla.

www.lugo10.es




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova