Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo destinará máis de 10 millóns de euros do Plan Zapatero a novas tecnoloxías e proxectos medioambientais co fin de mellorar o emprego e a cidade


# Venres, 22/01/2010
López Orozco explicou que se acometerán un total de 29 proxectos, prestando especial interese ao gasto social

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo celebrou hoxe unha Xunta de Goberno Extraordinaria na que aprobou os proxectos que se financiarán con cargo ao Plan Zapatero de 2010. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, explicou que o FEESL 2010 destina 10.315.172 euros a Lugo que se investirán en obras importantes desde o punto de vista das novas tecnoloxías o medioambiente co fin de mellorar a cidade e crear emprego.

“Interésanos apostar polo fortalecemento de empresas e do emprego na cidade”, expuxo. Manifestou que o Concello de Lugo está satisfeito porque o fondo permite seguir facendo investimentos para mellorar a cidade como levamos facendo durante dez anos.

“Queremos cumprir con esa responsabilidade polo que empregaremos o diñeiro público para conseguir unha cidade mellor dotada e cunha boa calidade de vida”, expuxo.

López Orozco recordou que en 2009 se financiaron 79 proxectos con cargo ao FEIL que conseguiron dar emprego a 1.000 traballadores. Do total de proxectos, o Concello só tivo que pedir prórroga para o remate de 10, que se acometerán nos vindeiros meses.

O prazo máximo para facer chegar as fichas das solicitudes é o 4 de febreiro, polo que o Concello de Lugo cumpriu cos prazos establecidos. Un total de 11 proxectos xa foron enviados a través da Subdelegación do Goberno en Lugo, aos que se suman os 18 aprobados hoxe por un importe de 3.848.000 euros.

Proxectos por áreas:
Novas tecnoloxías 350.000 euros
Renovación abastecemento e saneamento 1.411.500 euros
Seguridade viaria e transportes 280.000 euros
Deportes 400.000 euros
Alumeado con aforro enerxético 400.000 euros
Zona rural 1.000.000 euros

Entre as rúas beneficiadas, o Alcalde referiuse a Illas Cíes, Río Cabe, Illa de Man, Músico Falla, Mestre Soutullo, Marina Española, Pintor Corredoira, A Milagrosa, Parroquia de Pías, Bosende de Abaixo ou Orbazai.

Lista de proxectos aprobados hoxe:

- Protección, conservación, recuperación e restauración integral do Parque Histórico Rosalía de Castro
- Proxecto e execución da instalación museolóxica do museo interactivo da historia de Lugo
- Lugo, igualdade e benestar social
- Centro de día
- Presentación integral das actividades de animación sociocultural
- Casa das Linguas
- Servizo de Vixilancia no Fogar do Transeúnte
- Servizo de comida no domicilio
- Programa de educación familiar
- Aula de creatividade: aprende xogando- Ociotecas
- Limpeza de colexios públicos do Concello de Lugo
- Conexión de diferentes centros de convivencia e culturais co CPD de diferentes Centros de Convivencia e Culturais co CPD do Concello de Lugo mediante fibra óptica
- Adquisición de software para conexión de ERP Municipal á dirección xeral de tráfico e renovación do software servidor do correo electrónico.
- Extensión de banda ancha mediante tecnoloxías WIMAX/WIFI nas zonas rurais do municipio de Lugo- Fase II
- Renovación de abastecemento e saneamento na Rúa Illas Cíes
- Renovación de abastecemento e saneamento na rúa Río Cabe (tramo San Lorenzo - Perpetuo Socorro)
- Renovación de abastecemento e saneamento na rúa Illa de Man (T.M. Lugo)
- Mellora das redes de abastecemento e saneamento na rúa Músico Falla.
- Mellora das redes de abastecemento e saneamento na rúa Mestre Soutullo
- Mellora das redes de abastecemento e saneamento na rúa Marina Española.
- Adecuación e mellora de acceso ao edificio municipal destinado a Casa de persoas con Discapacidade
- Mellora de accesibilidade a edificio municipal destinado a Casa da Xuventude.
- Mellora Seguridade Vial no Concello de Lugo
- Alumeado público Rúa Pintor Corredoira e outras
- Pista de tenis cuberta no recinto municipal da Milagrosa
- Saneamento da parroquia de Pías (T.M. Lugo)
- Renovación de abastecemento e saneamento en Bosende Abaixo (T.M. Lugo)
- Mellora da Seguridade Vial da ponte sobre o río Mera en Orbazai (T.M. Lugo)
- Mellora da eficiencia e sostenibilidade do transporte público de Lugo (TM Lugo)

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova