Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúan á venda as entradas para a X Mostra de Teatro Clásico de Lugo


# Luns, 25/01/2010
O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá seis obras teatrais entre o 31 de xaneiro e o 7 de febreiro

A X Mostra de Teatro Clásico organizada polo Concello de Lugo comeza o vindeiro domingo 31 de xaneiro coa representación de ¿De cuando acá nos vino? De Lope de Vega da man da compañía nacional de Teatro Clásico.

O luns 1 de febreiro Rafael Álvarez “El Brujo” presentará El Evangelio de San Juan. O 3 de febreiro volve Lope de Vega coa representación de El Caballero de Olmedo da man de Teatro Corsario. Ur Teatro presentará o 4 de febreiro El sueño de una noche de verano de Shakespeare. O autor inglés será tamén o protagonista o sábado 6 de febreiro coa obra de El mercader de Venecia a cargo de Darek Teatro.

Misterio del Cristo de los Gascones a cargo de Nao D´amores Teatro porá fin ao ciclo o día 7 de febreiro.

As seis obras teatrais que compoñen o ciclo achegarán á cidade ás mellores compañías do panorama nacional, entre as que figuran UR Teatro ou a Compañía Nacional de Teatro Clásico, entre outras. No ambicioso cartel están presentes os grandes mestres do teatro clásico europeo como Shakespeare ou Lope de Vega.

As entradas están a venda a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500. O prezo establécese entre os 14 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados. Ademais pódense mercar bonos para as 6 funcións a 50 euros na zona A, 38 euros na zona B e 27 na zona C.

O show de Flipy
Por outra banda, o venres 19 de febreiro chegará a Lugo o cómico actor, monologuista, guionista e produtor Enrique Pérez Vergara, coñecido mundialmente como FLIPY para ofrecer o seu espectáculo El Show de Flipy.

A actuación do cómico do científico loco do programa de Cuatro El Hormiguero, englóbase dentro do programa especial de Lugo10 organizado polo Concello de Lugo.

O espectáculo que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20.30 horas, xira arredor do cómico televisivo.

As entradas continúan á venda na taquilla telefónica de Caixanova 902 504 500 e na web www.caixanova.es a un prezo de 18, 16 e 14 euros segundo a zona.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova