Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo toma novas medidas para atopar a orixe do problema da auga da traída


# Mércores, 27/01/2010
O Concelleiro de Medio Ambiente trasladaralle ao Seprona e á Consellería de Sanidade as queixas dos veciños en relación coa auga

O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González, decidiu trasladarlle hoxe ao Seprona e á Consellería de Sanidade as queixas que os veciños están efectuando en relación coa suposta presenza de substancias estrañas na auga da traída.

O Concello de Lugo ven facendo analíticas desde que comezaron as queixas sen que se teña rexistrado ningunha anomalía. Tanto é así que se teñen analizado parámetros non esixidos na normativa sobre a auga sen que os resultados foran positivos.

Ante esta situación, o Goberno Local decidiu seguir tomando as mostras correspondentes, ao tempo que o pon en coñecemento do Seprona e Sanidade para que poidan investigar o asunto.

En relación coa turbidez da auga rexistrada nalgunha zona da cidade, o Concello recorda que no día de onte se produciu unha avaría que provocou que a auga non estivese cristalina, se ben se tratou dun problema puntual que está solventado e non afectou á potabilidade do líquido.

O Concello de Lugo non ten motivos para desaconsellar o consumo de auga, posto que todas as probas realizadas avalan a súa potabilidade. Igualmente, continuará facendo probas e porá en coñecemento da cidadanía os resultados.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova