Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A X Mostra de Teatro Clásico de Lugo comeza esta semana cunha obra de Lope de Vega


# Xoves, 28/01/2010
O ciclo teatral arrinca o vindeiro domingo 31 de xaneiro coa representación de ¿De cuando acá nos vino?

A X Mostra de Teatro Clásico organizada polo Concello de Lugo a través da Concellería de Cultura e Turismo arrinca o vindeiro domingo 31 de xaneiro coa representación de ¿De cuando acá nos vino? de Lope de Vega da man da compañía nacional de Teatro Clásico.

O ciclo teatral continuará o luns 1 de febreiro Rafael Álvarez “El Brujo” presentará El Evangelio de San Juan. O 3 de febreiro volve Lope de Vega coa representación de El Caballero de Olmedo da man de Teatro Corsario. Ur Teatro presentará o 4 de febreiro El sueño de una noche de verano de Shakespeare. O autor inglés será tamén o protagonista o sábado 6 de febreiro coa obra de El mercader de Venecia a cargo de Darek Teatro.

Misterio del Cristo de los Gascones a cargo de Nao D´amores Teatro porá fin ao ciclo o día 7 de febreiro.

As entradas continúan á venda a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500. O prezo establécese entre os 14 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados. Ademais pódense mercar bonos para as 6 funcións a 50 euros na zona A, 38 euros na zona B e 27 na zona C.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova