Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo realiza melloras en rúas da cidade por máis de 400.000 euros


# Xoves, 28/01/2010
* José Piñeiro avanza que neste momento se están acometendo obras de renovación de pavimentos en Tenente Coronel Teijeiro e Armanhya cun orzamento de 172.276,82 euros

Imaxe Asociada
* Anuncia que ven de licitarse o proxecto de renovación de pavimentos para as Rúas San Froilán, Rúa Nova e Rúa da Raíña
* Proximamente licitarase o proxecto de rexeneración de firmes en Camiño do Souto cun orzamento de 121.134,07 euros



O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, deu conta hoxe de diferentes actuacións que o seu departamento está levando a cabo e nas que o Concello de Lugo realizará un investimento superior aos 400.000 euros.

Un dos proxectos é o que corresponde coa repavimentación do Casco Histórico: a Rúa San Froilán, a Rúa da Raíña e a Rúa Nova. José Piñeiro explicou que esta renovación non sería necesaria se as obras acometidas nesas zonas nos anos de Goberno do Partido Popular se tiveran realizado co control necesario e as garantías esixidas.

O Concelleiro de Infraestruturas salientou a necesidade de levar a cabo os proxectos tendo tendo en conta que, aínda sendo zonas peonís, soportan o paso do transporte de mercadorías e o paso dos vehículos de residentes. “Debido á mala execución dos traballos realizados naquel momento os pavimentos sufriron un rápido deterioro polo que agora é precisa a súa renovación”, resaltou.

Neste sentido, recordou que xa desde o ano 2004 se lle ven poñendo fin ao problema herdado do Partido Popular acometendo obras de renovación de pavimentos en rúas como Progreso, Xoán Montes, Praza do Campo ou Noreas. José Piñeiro avanzou que neste momento se están acometendo obras de renovación de pavimentos en Tenente Coronel Teijeiro e Armanhya cun orzamento de 172.276,82 euros.

Así mesmo, José Piñeiro anunciou que ven de licitarse o proxecto de renovación de pavimentos para as Rúas San Froilán, Rúa Nova e Rúa da Raíña cun orzamento de 138.836,78 euros e un prazo de execución de 5 meses.

Trátase de actuacións que o Concelleiro definiu como “prioritarias e que poderiamos ter evitado se se tiveran realizado os controis oportunos por parte do anterior goberno”.

Rexeneración de firmes
O Concelleiro de Infraestruturas avanzou ademais, a próxima licitación do proxecto de rexeneración de firmes en Camiño do Souto no Barrio de Albeiros, cun orzamento de 121.134,07 euros e un prazo de execución de tres meses. José Piñeiro salientou que se trata dunha obra moi necesaria e solicitada polos veciños, “un compromiso adquirido con eles que imos realizar”.

Tamén avanzou a pretensión do Goberno Local de converter a Rúa Camiño do Souto en unidireccional co obxectivo de reducir o tráfico.

Aglomerado en quente
O pavimento utilizado para a rexeneración de firmes será o aglomerado en quente que se ven utilizando nas novas actuacións que realiza o Concello substituíndo ao rego asfáltico por tratarse dun pavimento máis duradeiro e resistente.

Así, destacou que sempre que sexa posible se substituirá rego asfáltico por glomerado en quente en todos os viais da cidade “como tamén se ven facendo na zona rural”.

“Con estas actuación seguimos avanzando na mellora dos barrios e tamén traballando nas rúas do centro para conseguir ese equilibrio entre a cidade e a zona rural e mellorar o benestar dos nosos cidadáns vivan onde vivan”, indicou.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova