Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As analíticas realizadas polo Concello de Lugo manteñen que a auga da traída é apta para o consumo humano


# Xoves, 28/01/2010
* O Concelleiro de Medio Ambiente decidiu dar traslado das queixas dos veciños a Sanidade e ao Subdelgado do Goberno por se estiman oportuno realizar algunha investigación

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, mantén que a auga de Lugo é potable e polo tanto, apta para o consumo humano. A pesar das queixas recibidas nos últimos días, as analíticas levadas a cabo polo departamento que dirixe Lino González, non arroxan resultados que indiquen que a auga non é potable.

O resultado das analíticas é que non hai substancias graxas, hidrocarburos, nin substancias estrañas que desaconsellen o seu consumo.

Destacou que se tomaron mostras nos puntos onde se rexistraron as queixas e mandáronse a analizar a un laboratorio de fora. Os resultados, confirmaron a potabilidade da auga.

Ademais das analíticas realizadas, a Concellería revisou todo o proceso de potabilización tomando mostras en cada unha das zonas do proceso. Así, tomáronse mostras nos filtros, nos decantadores, nas entradas da planta, nas saída, nas entradas e saídas dos depósitos, así como nos grifos daqueles particulares que tiñan trasladado queixas.

O Concello puxo estes datos en coñecemento da Consellería de Sanidade e do Subdelegado do Goberno en Lugo por se estiman oportuno realizar algún tipo de investigación ao respecto.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova