Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan as clases da escola de iniciación ao teatro circense organizado polo Concello de Lugo


# Venres, 29/01/2010
A actividade terá lugar no Local Social Díaz Castro as tardes dos venres e as mañás dos sábados

Esta tarde comezan as clases da escola de iniciación ao teatro circense organizada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias.

Ata esta mesma tarde estará aberto o prazo de inscrición nos dous grupos:

- Grupo de 13 a 17 anos ( os venres de 19.15 a 21.15 horas)
- Grupo de 18 a 30 anos (os sábados de 9.30 a 11.30 horas)

As clases serán impartidas no Local Social Díaz de Castro de maneira gratuíta.

Os interesados en participar pódense informar a través do teléfono de atención á cidadanía 010.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova