Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo decide pechar un dos viais da Ponte de Mera ante o perigo de derrubamento


# Venres, 29/01/2010
* O Concelleiro de Medio Ambiente reiterou que continúan facendo analíticas da auga da traída e que os resultados indican que é apta para o consumo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, anunciou esta mañá que o Concello de Lugo decidiu pechar de xeito provisional o carril dereito en dirección Orbazai da Ponte de Mera ante o perigo de derrubamento rexistrado logo das choivas dos últimos días.

O Concelleiro explicou que a Ponte está afectada por danos na estrututa, polo que se tomou a decisión de pechar a marxe afectada ao tráfico e estudar o tipo de actuación a desenvolver para recuperar a seguridade da infraestrutura.

Unha vez detectado o problema, os técnicos municipais revisaron o estado da ponte, aconsellando pechar a carril dereito e mantendo aberto ao tráfico o esquerdo en dirección Orbazai.

Trátase dunha obra recollida no Fondo Estatal de Investimento Local á que se lle dará solución “o antes posible”. Previamente, explicou o Concelleiro, haberá que trasdalar a afectación á Confederación Hidrográfica e facer o proxecto de reparación.

Potabilidade da auga
En relación co tema da auga e as queixas recibidas, Lino González avanzou que se reunirá co Presidente da Asociación de Perruqieros para trasladarlle os resultados das analíticas que o Goberno ven realizando, así como trasladarlle que nada indica que haxa aceite ou graxa no líquido.

Lino González salientou que se pode atopar auga turbia derivada de obras ou das choivas dos últimos días pero non graxa nin aceite. ”En Lugo temos auga potable e de calidade”, remarcou. Engadiu que “pode preocupar o seu aspecto pero desde o punto de vista sanitario non rexistra ningún problema para o consumo, indicou.

Así mesmo, explicou que se seguirán tomando mostras da auga da traída que novamente serán analizadas por empresas especilizadas co fin de poñerlle fin ao problema.

Lino Dopeso explicou que se lle ten trasladao o problema á Consellería de Sanidade e á Subdelegación do Gobenro por se estiman oportuno realizar algunha investigación.

Pistas rurais
Sobre as denuncias efectuadas nos pasados días polo Partido Popular en relación co estado das pistas da zona rural, Lino Dopezo pediulles “rigor á hora de facer acusacións, posto que a maioría das postas ás que se referiron non son municipais”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova