Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Educación organiza o VIII Torneo de Xadrez do Entroido


# Venres, 29/01/2010
Terá lugar no centro López Mella o sábado 6 de febreiro

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o grupo El Progreso, organizan o VIII Torneo de Xadrez do Entroido, englobado dentro do circuíto Camiño do Scacorum.

Este torneo celebrarase no Centro de educación López Mella o sábado día 6 de febreiro dende as 16:15 horas ata as 19:00 horas.

O obxectivo que se persegue é dar alternativas de ocio onde poida participar toda a familia nas épocas de vacacións e, ao mesmo tempo, crear un espacio de convivencia entre as mozas e mozos que comparten as mesmas inquedanzas.

Haberá cinco categorías:

-Sub 8
-Sub10
-Sub12
-Sub14
-Sub16
-Sub 20
-Familiares e acompañantes.

A inscripción é gratuita e pódese facer ata o día 4 de febreiro ás 20:00 horas no teléfono 657 974 937 ou a través da dirección de correo electrónico: xaquedrumarrobagmail.com.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova