Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza un entroido que contará con preto de 20 actividades destinadas a todas as idades e repartirá 6.000 euros en premios


# Luns, 01/02/2010
* O pregón correrá a cargo de Sara Alejandra García Suárez o venres ás 20.00 horas na Casa Consistorial

Imaxe Asociada
As Concelleiras de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e de Muller e Benestar social, Carmen Basadre, presentaron a programación de actividades que o Concello porá en marcha para este entroido 2010. Ambas as concelleiras animaron aos lucenses a participar en todas as actividades.

As actividades, arredor de 20, darán comezo o día 11 de febreiro e non rematarán ata o 17 do mesmo mes.

PROGRAMA ENTROIDO 2010


XOVES, 11 DE FEBREIRO (Día de Comadres)

14.00 Horas.- No Centro de Convivencia da Milagrosa, Comida de Entroido. Aberta a toda a poboación. Prezo 8 €. As inscricións faranse neste mesmo Centro entre os días 1 e 5 de febreiro, das 9.00 ás 13.00 e das 16.00 ás 20.00 horas.

16.30- 19.00 Horas.- No Centro de Convivencia da Milagrosa, Baile para maiores.

VENRES, 12 DE FEBREIRO


20.00 Horas.- Na Casa do Concello pregón do Entroido a cargo de Sara Alejandra García Suárez, experta e gañadora de numerosos certames de entroido. A continuación, polas rúas da cidade, actuación das charangas Paradela e Trompo das Nicras

SÁBADO, 13 DE FEBREIRO

10.00 Horas.- Na praza da Soidade Feira de Produtos Típicos do Entroido amenizada pola charanga Os Virtuosos do Tinto.

17.00 Horas.- Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes concentraranse na praza da Soidade media hora antes do desfile (que presidirá a charanga Terra Chá). Discorrerá por Santo Domingo, Rúa da Raíña e Praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura do Concello, antes das 14.00 horas dese día.
En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia e con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos, bricks, …. A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.

INDIVIDUAL:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

PARELLAS:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

COMPARSAS:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

18.00 - 20.30 Horas.- No Centro de Convivencia Lamas de Prado, Local de Díaz Castro, Baile de Entroido para maiores.

20.00 Horas.- Polas rúas da cidade actuación das charangas Terra Chá, Paradela e Garrafón.com.

DOMINGO, 14 DE FEBREIRO

16.30 Horas.- No barrio de Montirón, Concurso de Disfraces, organizado pola AA.VV. Hnos. Pedrosa – Francisco Norte.

18.00 - 20.30 Horas.- No Centro de Convivencia Maruja Mallo, Baile de entroido para maiores.

20.00 Horas.- Polas rúas da cidade actuación das charangas Riazor e Terra Chá

LUNS, 15 DE FEBREIRO

17.00 - 20.00 Horas.- No Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, Festa de disfraces para nenos e nenas. Haberá xogos, música, baile, maquillaxe de Entroido e moita diversión.

18.00 Horas.- Na praza Maior, tarde de baile coa orquestra Alianza

20.30 Horas.- Polas rúas da cidade actuación das charangas Garrafón.com e Charanga.es


MARTES, 16 DE FEBREIRO

17.00 Horas.- Gran Concurso de Disfraces (adultos). Os participantes concentraranse na praza da Soidade media hora antes do desfile (que presidirá a charanga Viño Branco). Discorrerá por Santo Domingo, rúa da Raíña e praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura deste Concello antes do luns día 15 de febreiro, ás 14.00 horas.

PREMIOS:
- INDIVIDUAL:
1º premio: 550 €
2º premio: 400 €
3º premio: 200 €
3 premios de 150 €
- PARELLAS:
1º premio: 700 €
2º premio: 600 €
3º premio: 500 €
5 premios de 200 €
- COMPARSAS:
1º premio: 1000 €
2º premio: 800 €
3º premio: 600 €
7 premios de 300 €


20.00 Horas.- Polas rúas da cidade actuación das charangas Viño Branco, Charanga.es e Riazor

MÉRCORES, 17 DE FEBREIRO

18.00 - 20.00 Horas.- No Centro de Convivencia de Fingoi, Festa de disfraces para nenos e nenas. Haberá xogos, música, baile, maquillaxe de Entroido e moita diversión.

18.00 - 20.30 Horas.-No Centro de Convivencia de Lamas de Prado, local de Trapero Pardo, Baile de Entroido para maiores.

20.00 Horas.-Enterro da Sardiña. Organizado pola Asociación Cultural Pepe Barreiro. Sairá do Círculo das Artes co seguinte percorrido: Praza Maior, Rúa Conde Pallares, Rúa da Cruz, Praza do Campo, Rúa Nova, Praza da Soidade, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña, Praza Maior (palco diante da Casa do Concello).
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova