As Concelleiras de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e de Muller e Benestar social, Carmen Basadre, presentaron a programación de actividades que o Concello porá en marcha para este entroido 2010. Ambas as concelleiras animaron aos lucenses a participar en todas as actividades.
As actividades, arredor de 20, darán comezo o día 11 de febreiro e non rematarán ata o 17 do mesmo mes.
PROGRAMA ENTROIDO 2010
XOVES, 11 DE FEBREIRO (Día de Comadres)
14.00 Horas.- No Centro de Convivencia da Milagrosa, Comida de Entroido. Aberta a toda a poboación. Prezo 8 €. As inscricións faranse neste mesmo Centro entre os días 1 e 5 de febreiro, das 9.00 ás 13.00 e das 16.00 ás 20.00 horas.
16.30- 19.00 Horas.- No Centro de Convivencia da Milagrosa, Baile para maiores.
VENRES, 12 DE FEBREIRO
20.00 Horas.- Na Casa do Concello pregón do Entroido a cargo de Sara Alejandra García Suárez, experta e gañadora de numerosos certames de entroido. A continuación, polas rúas da cidade, actuación das charangas Paradela e Trompo das Nicras
SÁBADO, 13 DE FEBREIRO
10.00 Horas.- Na praza da Soidade Feira de Produtos Típicos do Entroido amenizada pola charanga Os Virtuosos do Tinto.
17.00 Horas.- Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes concentraranse na praza da Soidade media hora antes do desfile (que presidirá a charanga Terra Chá). Discorrerá por Santo Domingo, Rúa da Raíña e Praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura do Concello, antes das 14.00 horas dese día.
En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia e con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos, bricks, …. A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.
INDIVIDUAL:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros
PARELLAS:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros
COMPARSAS:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros
- INDIVIDUAL:
1º premio: 550 €
2º premio: 400 €
3º premio: 200 €
3 premios de 150 €
- PARELLAS:
1º premio: 700 €
2º premio: 600 €
3º premio: 500 €
5 premios de 200 €
- COMPARSAS:
1º premio: 1000 €
2º premio: 800 €
3º premio: 600 €
7 premios de 300 €