Imprimir

O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE SERVIZOS XERAIS VISITAN OS ALMORZOS SAUDABLES ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE LUGO


1/2/2010 Os almorzos continúan esta semana coa participación de máis de 500 nenos e nenas

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, visitaron esta mañá aos alumnos e alumnas do colexio Rosalía de Castro que participaron nos almorzos saudables organizados polo Concello de Lugo.

Ao longo desta semana serán un total de 502 alumnos e alumnas dos centros educativos da cidade os que participen nesta iniciativa que o Concello ven levando a cabo desde o ano 2004.

Esta edición dos almorzos saudables do 2010 comezou o pasado 18 de xaneiro e se alongará ata o 16 de marzo. Ao longo deste tempo serán máis de 2.100 nenos e nenas lucenses os que coñezan a importancia de almorzar ben para render completamente no colexio.