O Alcalde e a Concelleira de Servizos Xerais visitan os almorzos saudables organizados polo Concello de Lugo
# Luns, 01/02/2010
Os almorzos continúan esta semana coa participación de máis de 500 nenos e nenas
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, visitaron esta mañá aos alumnos e alumnas do colexio Rosalía de Castro que participaron nos almorzos saudables organizados polo Concello de Lugo.
Ao longo desta semana serán un total de 502 alumnos e alumnas dos centros educativos da cidade os que participen nesta iniciativa que o Concello ven levando a cabo desde o ano 2004.
Esta edición dos almorzos saudables do 2010 comezou o pasado 18 de xaneiro e se alongará ata o 16 de marzo. Ao longo deste tempo serán máis de 2.100 nenos e nenas lucenses os que coñezan a importancia de almorzar ben para render completamente no colexio.
Compartir: