Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 150 rapaces e rapazas participaron nas VII Xornadas de Achegamento ao Tear Tradicional e á Artesanía da Lá


# Luns, 01/02/2010
As clases tiveron lugar entre o 11 e 15 de xaneiro

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, organizou o pasado mes de xaneiro as VII Xornadas de achegamento ao tear tradicional e artesanía da lá na que participaron 155 rapaces e rapazas dos centros educativos da cidade.
Esta actividade, que tivo lugar do 11 ao 15 de xaneiro no Centro de Convivencia de Fingoi, estivo dirixida a nenas e nenos dos tres últimos cursos de Primaria.
O obxectivo era contribuír ao fomento do valor da cultura galega favorecendo o coñecemento das tradicións e contribuir a preservalas entre os máis novos. Ademais o Concello de Lugo pretende establecer vínculos de colaboración sociocultural permanentes entre os Centros de Convivencia e o resto de institucións implicadas no desenvolvemento da poboación neste eido.
Os rapaces participaron na demostración das distintas tarefas que os seus antepasados realizaban para elaborar prendas de vestir e de enxoval doméstico a partir de materiais que se producían en Galicia como a lá ou o liño. Ademais coñeceron utensilios, materiais, aparellos e prendas de vestir utilizadas noutros tempos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova