Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan de Inclusión Social do Concello de Lugo ofreceulle formación social e ocupacional a 139 persoas en 2009 dos cales 11 conseguiron un emprego


# Martes, 02/02/2010
O obxectivo esencial é promover a inserción social e laboral dos colectivos en situación ou grave risco de exclusión social

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo persegue que todo o mundo teña unha calidade de vida digna, acceso o emprego e se beneficie dos recursos, os dereitos, os bens e os servicios. Para posibilitar o desenvolvemento de accións de integración social e laboral das persoas en risco de exclusión social, estableceuse un convenio de colaboración entre o Concello e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social e o Concello de Lugo, tal e como explicou hoxe a Concelleira de Benestar Social e igualdade, Carmen Basadre.

O Plan Galego de Inclusión Social presenta como obxectivo fundamental que as persoas ou familias en situación de pobreza ou exclusión social logren adquirir as habilidades necesarias para evitar a súa vulnerabilidade aos cambios nos procesos socioeconómicos, posibilitando o acceso ao emprego e mantemento dunha vida normalizada.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, explicou que o equipo de Inclusión do Concello de Lugo ten como obxectivo esencial promover a inserción social e laboral dos colectivos en situación ou grave risco de exclusión social, mediante o desenvolvemento de itinerarios individualizados e integrales de inserción, dende unha perspectiva ligada ás potencialidades do territorio e ao seu tecido social e productivo.

O equipo de traballo do Concello actuou sobre aqueles factores condicionantes da exclusión para promover a incorporación e a participación social das persoas afectadas, mellorouse o seu nivel de información e formación para favorecer o seu acceso a un emprego duradeiro e de calidade. Ademais, aproveitáronse as políticas activas de emprego para colectivos desfavorecidos e reduciuse o impacto da pobreza sobre mulleres, incidindo sobre aqueles factores específicos que dificultan a súa inserción social e laboral, así como a integración educativa, sanitaria e laboral, etc, segundo explicou a Concelleira.

Carmen Basadre indicou que “no 2009 incorporáronse un total de 139 persoas, fronte ás 68 do 2008, o que supón un aumento significativo dos casos atendidos: un 51% na incorporación ao programa”. Esta situación, explicou, pode deberse á crise que se está a vivir e a maior derivación de casos por parte dos profesionais dos servizos sociais de atención primaria.

No ano 2009 un 7´9% dos usuarios atoparon traballo estable e mellorouse moito a súas capacidades de empregabilidade. A maioría desta inserción, segundo indicou a Concelleira produciuse no colectivo femenino (81%) fronte o 18% dos homes.

O perfil maioritario das incorporacións son mulleres de entre 25 e 45 anos, en empregos protexidos, empresas de inserción e sector servizos.

En canto ás problemáticas dos usuarios: a maioría son persoas pertencentes ás minorías étnicas, inmigrantes, con escasez de recursos, desempregados de longa duración, que levan menos dun ano en paro, con algún tipo de adición… A porcentaxe máis alta dos usuarios carecen de estudos básicos, e moitos deles acceden por primeira vez ao mercado laboral.

Basadre indicou que as actividades formativas que proporcionan aos usuarios os coñecementos necesarios para a súa incorporación ao mercado laboral desenvólvense con organizacións como Cruz Vermella, Acceder, Aprevar, a Fundación Laboral da Construcción, o Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello e os servizos de emprego municipais.

Insercións
A Concelleira de Benestar Social explicou que as maiores insercións laborais corresponden ás mulleres, cunha idade de entre: 25 a 45 anos, sen estudos e perceptora directa da RISGA.

Atopámonos así que a maior empregabilidade dos usuarios do Plan Galego de Inclusión do Concello correspóndelles ás mulleres, xa que o sector que máis xera ofertas de emprego é o dos servizos (empregadas do fogar, hostalería, etc.), sector onde acostuman ter xa experiencia, é por tanto o sector onde con máis facilidade ata agora se empregan.

No ano 2009 conseguíronse 11 insercións laborais, 9 mulleres e 2 homes, a maioría entre 26 e 45 anos. Para a Concelleira estas cifras son “unha boa mostra do éxito do servizo, e máis se temos en conta os tempos de recesión económica que estamos a vivir”. E engadiu, “pero non só é un éxito a inserción laboral senón o traballo de proporcionar ás persoas as ferramentas para ter unha vida digna con acceso á educación, á sanidade, á vivenda… soamente por iso merece a pena porque lles abre as portas para un futuro mellor”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova