Imprimir

O VIII TORNEO DE XADREZ DO ENTROIDO TERÁ LUGAR O VINDEIRO DOMINGO 7 DE FEBREIRO


3/2/2010 Está organizado pola Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o grupo El Progreso

O VIII Torneo de Xadrez do Entroido, celebrarase no Centro de educación López Mella o domingo 7 de febreiro dende as 16:15 horas ata as 19:00 horas, englobado dentro do circuíto Camiño do Scacorum.

A competición está organizada pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o grupo El Progreso. O obxectivo que se persegue é dar alternativas de ocio onde poida participar toda a familia nas épocas de vacacións e, ao mesmo tempo, crear un espacio de convivencia entre as mozas e mozos que comparten as mesmas inquedanzas.

Haberá cinco categorías:

-Sub 8
-Sub10
-Sub12
-Sub14
-Sub16
-Sub 20
-Familiares e acompañantes.

A inscrición é gratuíta e pódese facer ata o día 4 de febreiro ás 20:00 horas no teléfono 657 974 937 ou a través da dirección de correo electrónico: xaquedrum@gmail.com.