Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE NA CASA DO CONCELLO A UN GRUPO DE ESTUDANTES SUECOS


3/2/2010 Os alumnos e alumnas están a participar nun intercambio co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Salón de Plenos da Casa do Concello a un grupo de 30 estudantes da cidade sueca de Täby, que participan no programa de intercambio entre o centro sueco Tibble Gymnasium e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.

Os alumnos e alumnas acudiron acompañados por dúas profesoras do centro educativo de Täby e dous do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Este grupo de estudantes conforman unha nova promoción deste proxecto de intercambio de estudantes que se desenvolve entre os dous institutos desde o ano 2000.

O Alcalde manifestou a súa ledicia por esta nova visita que “xa achegou a cidade a máis de 200 alumnos e alumnas de Suecia”. José López Orozco salientou a importancia de coñecer novas culturas e pobos xa que permitirá contruír unha Europa e un mundo mellor”.

Ao final do acto o Alcalde e os profesores lucenses e suecos intercambiaron agasallos institucionais como lembranza deste encontro e os rapaces e rapazas recibiron un libro editado polo Concello.