Imprimir

O 9 DE ABRIL LOS SECRETOS ACTUARÁN NO AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE


4/2/2010 O concerto englóbase dentro da programación de Lugo10

A programación para celebrar o décimo aniversario da Muralla, Lugo10, continúa e o venres 9 de abril achegará á cidade ao mítico grupo do pop español Los Secretos coa súa xira Cara B.

A agrupación incluíu a nosa cidade nunha xira que percorrerá doce cidades do territorio nacional onde descubrir novas cancións e os temas máis brillantes da súa extensa obra. Ademais, nesta ocasión queren render homenaxe aos ídolos que marcaron a súa carreira versionando algúns dos seus clásicos.

Os artistas escolleron recintos con pequeno aforo onde sentir a cercanía do seu público e disfrutar con eles destes concertos únicos cargados de emotividade e sorpresas para os máis incondicionais do grupo.

O concerto terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 21.00 horas.

As entradas estarán á venda a partir de mañá venres 5 de febreiro na taquilla electrónica de Caixanova a un prezo que varía segundo a zona:

- Zona A: 30 €
- Zona B: 28 €
- Zona C: 25 €