Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

UXT súmase ao proxecto de celebración do décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial e incluirá o logo de Lugo10 na súa correspondencia


# Xoves, 04/02/2010
O Alcalde anima a outras entidades e institucións a sumarse á campaña de promoción

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá no despacho de Alcaldía ao Secretario Xeral de UXT-Lugo, Manuel Chaín, e a secretaria de Servizos Sociais e Políticas de Igualdade do sindicato, María José Vales.

Os líderes sindicais expuxéronlle ao Alcalde a súa intención de incluír o logotipo de Lugo10 na correspondencia interna e externa de UXT-Lugo. López Orozco manifestou o seu completo acordo e indicou que se trata dunha iniciativa que axudará a promocionar aínda máis a cidade e a súa Muralla.

O mandatario municipal animou a outras entidades e institucións a sumarse á campaña e colaborar coa promoción de Lugo en todos os eidos.

www.lugo10.es





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova