Imprimir

UXT SÚMASE AO PROXECTO DE CELEBRACIÓN DO DÉCIMO ANIVERSARIO DA MURALLA COMO PATRIMONIO MUNDIAL E INCLUIRÁ O LOGO DE LUGO10 NA SÚA CORRESPONDENCIA


4/2/2010 O Alcalde anima a outras entidades e institucións a sumarse á campaña de promoción

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá no despacho de Alcaldía ao Secretario Xeral de UXT-Lugo, Manuel Chaín, e a secretaria de Servizos Sociais e Políticas de Igualdade do sindicato, María José Vales.

Os líderes sindicais expuxéronlle ao Alcalde a súa intención de incluír o logotipo de Lugo10 na correspondencia interna e externa de UXT-Lugo. López Orozco manifestou o seu completo acordo e indicou que se trata dunha iniciativa que axudará a promocionar aínda máis a cidade e a súa Muralla.

O mandatario municipal animou a outras entidades e institucións a sumarse á campaña e colaborar coa promoción de Lugo en todos os eidos.

www.lugo10.es