Imprimir

O CONCELLO DE LUGO CONSTITÚE POR CONSENSO O FORO DE MOBILIDADE CO OBXECTIVO DE DAR A COÑECER E CONSENSUAR O PLAN


5/2/2010 * O Alcalde de Lugo presidiu hoxe a reunión da Comisión Executiva do Plan

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu hoxe unha nova xuntanza da Comisión Executiva do Plan de Mobilidade na que se decidiron por unanimidade os participantes no foro que dará a coñecer o Plan co obxectivo de consensuar o documento.

Na reunión, na que participaron os representantes dos grupos políticos, así como o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, e o Director do Plan, Miguel Ángel Negral, decidiuse convocar ao foro que se reunirá nas próximas semanas no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

O foro estará constituído por:

- Representantes dos Grupos Políticos
- Representantes dos Colexios profesionais
- Representantes dos Sindicatos
- Concesionario do Transporte Público
- Concesionarios aparcadoiros públicos
- Propietarios aparcadoiros privados
- Representante de Empresas de transporte
- Representante de Empresas distribución mercadorías
- Representante da USC
- Representante das Asociacións de discapacitados
- Representante Federación de Asociacións de Veciños
- Representante asociacións de veciños non federadas
- Representante da Asociación de Hostaleiros
- Representante da Federación de Comercio
- Representante Autoescolas
- Representante concesionarios de coches
- Representante da Asociación de motoristas
- Representante de Asociacións deportivas e ciclistas
- Representante dos Taxistas
- Representante da Subdelegación do Goberno en Lugo
- Representante da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
- Representante da Cámara de Comercio
- Representante da Confederación de Empresarios Lucenses
- Representante dos colectivos ecoloxistas
- Técnicos municipais: urbanismo, medio ambiente, Policía Local e infraestruturas

O foro seguirá un calendario co obxectivo de que o plan sexa consensuado por toda a sociedade e a cidadanía de cara a a súa implantación.

O foro tratará sobre o transporte público, os espazos urbanos e a peonización, tráfico, transporte privado e aparcamento, entre outros asuntos. Preténdese obter un documento consensuado que permita que Lugo conte cun plan integral para recuperar espazos públicos para o conxunto dos cidadáns.

Colaboración universitaria
O Goberno Local contará ademais coa colaboración dunha beca FEUGA procedente da Universidade que actúe como a persoa de referencia administrativa en relación co plan, ao tempo que participará en todas as reunións que se celebren no marco do foro. Hoxe decidiuse comezar cos trámites de contratación.