Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora un ano máis coa celebración da feira do Entroido de Nadela


# Venres, 05/02/2010
Terá lugar o domingo 7 de febreiro a partir das 9 da mañá

Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Xerais , Luisa Zarzuela, presentou a Feira do Entroido de Nadela que organiza a Asociación Carballeira de Nadela en colaboración co Concello de Lugo.

Esta feira terá lugar o domingo dende as 9 da mañá ata as 23 horas. Unha carpa instalada na carballeira de Nadela albergará os oitenta postos de venta ao público. O obxectivo desta feira é promocionar os produtos de horta e cortello dos agricultores e os gandeiros da comarca. Os interesados poderán adquirir queixos variados como o San Simón ou o Cebreiro, verduras, ovos ou produtos típicos do Entroido como carne de porco e doces tradicionais.

O Alcalde será o encargado de inaugurar a feira ás 13 horas, despois da lectura do pregón que este ano lle corresponde a Rafael Vázquez Reija, propietario do Grupo Arenal. O público que se achegue gozará dunha degustación gratuíta de viño do país acompañado por unha tapa de Entroido.

O Concello pon a disposición de todos os lucenses interesados en asistir un servizo gratuíto de autobuses con saída dende ás 9 e ata ás 15 horas dende a avenida de Ramón Ferreiro, diante do I.E.S A Nosa Señora dos Ollos Grandes. 
 
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova