Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello aos representantes das universidades membros do EMECW


# Venres, 05/02/2010
O consorcio está integrado por 20 universidades europeas e suramericanas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde na Casa do Concello ao grupo de representantes das universidades do Erasmus Mundus External Cooperation Window (EMECW) que hoxe participaron nunha visita ao Campus da USC en Lugo.

O Alcalde deulles a benvida á cidade e animounos a coñecer a amabilidade das súas xentes, a súa cultura, historia e a estupenda gastronomía lucense.

López Orozco salientou o relevante papel da Universidade á hora de crear lazos entre países, e destacou a importancia do Campus para a cidade como un motor cultural, económico e social.

O EMECW ten como obxectivo alcanzar un mellor enriquecemento e entendemento entre a UE e outros países a través de programas de cooperación que impulsen o intercambio de persoas, coñecementos e habilidades no ámbito da educación superior.

Máis concretamente, a iniciativa pretende:

- Mellorar a capacidade de cooperación internacional de universidades de terceiros países.

- Promover a cooperación entre as institucións de orixe e de acollida dos beneficiarios.

- Proporcionar a estudantes e persoal académico a posibilidade de beneficiarse a nivel lingüístico, cultural e educativo dunha estancia académica no estranxeiro e promover valores europeos.

- Facer máis transparente o recoñecemento académico dos estudos cursados ao amparo de programas de mobilidade.

- Favorecer o acceso ao ensino superior de estudantes de grupos vulnerables.

- Mellorar as habilidades e cualificacións do persoal académico de universidades a través do intercambio de experiencias e boas prácticas.

- Mellorar a medio prazo as relacións políticas, económicas, culturais e educativas entre a Unión Europea e terceiros países.

Este consorcio está integrado por un total de 20 universidades, 9 europeas, 3 arxentinas, 4 bolivianas e 4 peruanas, na maioría dos casos con lazos de unión previos. Todas elas son institucións de recoñecido prestixio internacional e contan cunha dilatada experiencia en xestión de programas internacionais de mobilidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova