Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo e o Ministro de Cultura arxentino presentaron o volume "Falas gaias ao meu son" como un reecontro coa identidade galega do autor


# Sábado, 06/02/2010
O autor do volume, o lucense Odón Fernández Rego, foi o avó do Ministro arxentino que hoxe estivo en Lugo para presentar o libro e reencontrarse coas súas raíces

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Ministro de Cultura arxentino, Jorge Coscia, presentaron hoxe a reedición do libro do lucense Odón Fernández Rego, Falas gaias ao meu son. Ambos coincidiron en que a reedición deste volume constitúe o reencontro do autor e de todos os emigrantes coa identidade galega. No acto, ademais de varios concelleiros do Goberno Local, estivo tamén a Directora Xeral de Cidadanía Española no Exterior, Pilar Pin.

López Orozco agradeceu a presenza do Ministro en Lugo para presentar o libro, ao tempo que destacou que “hai persoas que non morren xamais, porque están na súa obra, no seu legado”. Destacou así mesmo, “o importante traballo a favor da difusión da emigración galega levado a cabo por Odón e polos que hoxe recuperan a súa obra”.

Jorge Coscia, neto do autor do volume, explicou que o seu avó era un home da cultura. Recordou que o seu avó foi un artista, odontólogo de profesión, pero que cultivou a poesía, a pintura, aspectos que influíron decisivamente no feito de que el decidise ser cineasta.

“Un home que hoxe nos permite establecer un lazo entre o coñecemento e a identidade galega. Un home que xa nos anos 30 escribiu en galego e que quería a Galicia a á súa terra, Lugo, como a Arxentina”.

“Os artistas buscamos transcender, ser recoñecidos, e el logrouno na súa patria, na súa querida terra de Lugo”, salientou.

Valores da obra
Pola súa banda, o editor, Luis Bahamonde, destacou que o libro supón a única fiestra á que asomarse para poder coñecer a literatura do seu autor, Odón Fernández Rego. Destacou o valor da obra “facilmente ponderable en termos de rescate e difusión, de recuperación e reivindicación”:

“Os poemas que recolle o volume móvense entre a ironía e a tenrura, entre a morriña e o balbordo, entre o social e o sentimental”, indicou. “Reflicten un verso de alento e atrevemento, de risa e valentía. Un verso que xorde da semente de dúas terras, do calor e do apego a dous fogares”.

O libro foi editado por Galicia en el Mundo e constitúe o volume número 20 da colección Crónicas de la emigración.

O acto estivo amenizado pola artista Lorena Lores quen interpretou Negra Sombra de Rosalía de Castro e un tango arxentino. Logo do acto, o Ministro visitou a Muralla de Lugo convidado polo Alcalde, quen lle indicou que a cidade está a celebrar o décimo aniversario do monumento como Patrimonio Mundial.

Palabras de Jorge Coscia no libro de honra
“Con enorme orgullo estoy aquí en la tierra de mi abuelo Odón Fernández Rego. Conmovido por el reconocimiento a su obra poética, Falas gaias ao meu son, después de más de setenta años, siento que llego con él, a asumir una parte esencial de mi identidad gallega y lucense, que es también la identidad de miles de argentinos. En su memoria me abrazo a sus pasiones, las mías”.

Jorge Coscia
Jorge Coscia naceu o 26 de agosto de 1952. Como cineasta, dirixiu tres cortos e varias longametraxes: Chorros; Sentimientos (1987); Cipayos (1989); El General y la Fiebre (1992); Rosas, 200 años (1993); 17 de octubre, una tarde de sol (1995); Comix, cuentos de amor, de video y de muerte (1995); Canción desesperada (1996) y Luca Vive (2002).

Coscia dictou clases na súa casa de estudos, o ENERC, e a Universidade Nacional da Plata. Publicou variados artículos sobre política, cine e cultura, ata que ingresou na administración pública: en 2002. Durante a presidencia de Duhalde, foi designado como titular do Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais (INCAA).

A Xunta recoñeceuno en 2008 cun dos premios honoríficos Chano Piñeiro pola súa traxectoria e por ser un dos principais productores da producción cinematográfica conxunta con Galicia.

Actualmente, ocupa o departamento de Cultura no Goberno arxentino.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova