Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Escola Lucense de Tiro con Arco acada grandes éxitos no II Torneo do Concello de Boimorto


# Luns, 08/02/2010
Arqueiros e arqueiras lucenses participarán a vindeira fin de semana no III Campionato de España Cadete en Leganés

Imaxe Asociada

O pasado sábado 6 de febreiro celebrouse o II Torneo Concello de Boimorto, no que os arqueiros da Escola Lucense tiveron unha destacada actuación, alcanzando os seguintes resultados:

- Pedro Núñez Expósito - Campión Ardilla Cabaleiro.
- Pablo Méndez López - Campión Benjamín Cabaleiro.
- Gabriel Martínez de Cestafe - Campión Infantil Cabaleiro.
- Roberto Lombardero López - Campión Senior Cabaleiro.
- Carla Mª Fernández López - Subcampiona Alevín Dama.
- Marta Guerreiro Arribas - Subcampiona Infantil Dama.
- Adrián Sirgado Gutiérrez - Subcampión Infantil Cabaleiro.
- David Sangiao López - 4º Infantil Cabaleiro.
- Xacobe Roca Cruz - 6º Infantil Cabaleiro.

Este torneo demostrou o bo estado de forma dos tiradores lucenses, que bateron as súas marcas persoais, destacando os infantís, que o próximo fin de semana disputarán en Leganés o III Campionato de España Cadete e Menores de 14 anos. Merece mención especial a actuación da arqueira Marta Guerreiro, a cal, aínda sendo alevín de primeiro ano, e debido ao seu altísimo nivel deportivo, está a tirar como infantil e asistirá como tal ao mencionado Campionato de España de Leganés.

Está claro que a nova canteira lucense non baixa a garda e continua contando por éxitos as súas actuacións, consolidando ao tiro con arco como unha opción deportiva estable e practicable na nosa cidade, destacando sobre maneira o labor da Escola Deportiva Municipal de Tiro con Arco do Concello de Lugo.

deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova