Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo inviste 110.000 euros na accesibilidade do Edificio Administrativo do Concello


# Luns, 08/02/2010
As obras inclúen a instalación dun ascensor adaptado, dunha rampa e a substitución das portas tradicionais de entrada

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron esta mañá as obras de accesibilidade levadas a cabo no Edificio Administrativo do Concello.

A Concelleira explicou que “estas obras súmanse ás que ven realizando o equipo de Goberno dende o ano 2003 no viario da cidade” e nas que se investiron máis de 1.300.000 euros.

Basadre indicou que “estas obras contan cunha gran relevancia xa que se fai totalmente accesible a porta principal do edificio administrativo do Concello para que ninguén teña que entrar pola porta de atrás, polo que substituímos as portas tradicionais do patio e da entrada principal, onde ademais se adaptou unha rampa de acceso e se instalou un ascensor semi-panorámico adaptado”, e engadiu que “con esta actuación todos os edificios municipais son totalmente accesibles”.

As actuacións no edificio administrativo do Concello consistiron en:

A.- ENTRADA PRINCIPAL

1.- Retirouse a palmeira e demolición xardineira para ubicación ascensor, cadro de manobra e pasarela acceso planta baixa.

2.- Execución foso, sala de máquinas e pasarela de desembarco ascensor a nivel planta, estrutura metálica autoportante para o ascensor, canalizacións, instalacións e modificación da toma de aire.                               

3.- Modificación cerre de aluminio e execución pasillo acristalado en zona de desembarco con laterais e teito de acristalamento antipánico.              

4.-  Instalación dun ascensor hidráulico, con cabina semi-panorámica de 1100x1400 mm, capacidade 8 persoas e 630 quilos.

5.-  Substitución de 4 portas dobres, de xiro vertical e apertura lateral por portas automáticas antipánico de dúas follas móbiles e dúas fixas, paso libre de 900-2800 mm.

6.-  Adaptación acceso pola ronda da Muralla,  con  rampa de granito flameado.


B.- ENTRADA POSTERIOR (PATIO)

1.-  Instalación de dúas portas automáticas, de apertura central, con dúas follas móbiles e dúas fixas.

2.- Instalación persiana de cerre en aceiro inox e cerraduras especiais            codificadas

3.- Albanelería e remates


En total para a execución destas actuacións investiuse un total de 110.308,89 euros e contou cun prazo de tres meses.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova