Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo para participar nas XI Xornadas de Artes Escénicas


# Luns, 08/02/2010
As xornadas contarán cunha modalidade de teatro, outra de danza e música e outra de curtos cinematográficos

O Concello de Lugo abre o prazo para participar nas XI Xornadas de Artes Escénicas organizadas coa colaboración do Colexio Fingoi e a Escola Arte e Lecer e Palimoco Teatro.

As xornadas terán lugar do día 24 ao 30 maio na modalidade de teatro, as de danza e música serán do 7 ao 9 de xuño, e o curtocinefingoi proxectarase o 10 de xuño, clausurando as mesmas.

A organización concederá axudas para o traslado dos grupos de fóra da localidade. As axudas serán un máximo de 80 euros para os grupos da provincia e de 150 para os de fóra dela.

Para actuar nas Xornadas é preciso entregar a folla de inscrición que figura nos Anexos antes do día 24 de marzo por correo certificado na seguinte dirección: Colexio Fingoi, á Atención de Palimoco Teatro, Rúa Aviación Española nº 37- 27002 Lugo.

No caso de precisar algunha información pódese chamar aos seguintes teléfonos:
- de 9:00 a 14:00 ao teléfono 982297455 (Mari Fe) de luns a venres.
- de 16:00 a 18:30 ao teléfono 649 948 266 (Paloma ) de luns a venres.

As diferentes fichas de inscrición están a disposición dos interesados nas páxinas de Palimoco Teatro; da Escola Arte e Lecer Fingoi e do Concello de Lugo, Área de Benestar Social e Igualdade. www.palimoco.com; www.fingoi.com/arte; e www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova