Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo continúa coa instalación das novas máquinas da ORA na cidade


# Martes, 09/02/2010
As máquinas chegarán a 10 ao final da semana

O Concello de Lugo continúa, a través da empresa Doal, concesionaria do servizo, coa instalación das novas máquinas expendedoras de tickets do sistema Ora en diferentes puntos da cidade ata chegar a un total de 55.

Esta semana quedarán instaladas as novas expendedoras nas seguintes rúas, que se sumarán á instalada a pasada semana na rúa Anxo López Pérez:

- Puro Cora nº2
- Cidade de Viveiro nº 8
- Cidade de Vigo nº 2
- Dinán nº 4
- Dinán/Plaza de Bretaña
- Dinán nº 3
- Dinán nº 20
- Galicia nº 51
- Montero Ríos/Rafael de Vega

As máquinas contan con paneis solares para a súa alimentación enerxética. Ademais, o novo sistema permitirá pagar con tarxeta de crédito, recibir información en 5 idiomas e contan cunha batería ecolóxica.

As novas máquinas entrarán en funcionamento no momento en que estean todas instaladas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova