Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A X Mostra de Teatro Clásico consolídase un ano máis cuns 4.200 asistentes


# Martes, 09/02/2010
As representacións contaron cunha media de preto de 700 espectadores cada unha

A X Mostra de Teatro Clásico de Lugo organizada pola Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova encheu un ano máis o Auditorio Municipal Gustavo Freire.

As seis obras que se representaron entre o 31 de xaneiro e o 7 de febreiro contaron cunha media de preto de 700 espectadores, cheganto a colgar o cartel de non hai entradas na representación de El Evangelio de San Juan da man de Rafael Álvarez “El Brujo”.

Rozaron tamén o cheo do auditorio as actuacións da Compañía Nacional de teatro Clásico coa representación de ¿De cuando acá nos vino? De Lope de Vega, e de El Mercader de Venecia da man de Darek Teatro, así como El sueño de una noche de verano con Ur Teatro.

Un ano máis estas cifras demostran como esta cita teatral está xa consolidada en Lugo e tamén está consolidándose en Galicia e no Noroeste de España e cada vez é máis coñecida. A media de espectadores por sesión é un verdadeiro éxito, e demostra que se está a crear unha afición polo teatro clásico entre a poboación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova