Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo anuncia obras na Garaballa e a autorización do Estado para pechar o Parque de Rosalía


# Martes, 09/02/2010
López Orozco e José Piñeiro visitaron esta mañá o remate das obras da Avenida Duquesa de Lugo con cargo ao FEIL 2009

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron esta mañá o remate das obras de urbanización da Avenida Duquesa de Lugo (Tramo Ronda Norte-Monte Faro)- Albeiros. Na visita, na que participaron numerosos veciños da zona, López Orozco avanzou que o Goberno Local realizará obras na Garaballa.

“Seguimos traballando como é a nosa obriga polos barrios e mellorando a cidade en todo cando podemos”, salientou.

Así, explicou que o Goberno Local ven de ter unha reunión na que se decidiu acometer o proxecto da Garaballa de Arriba que, previamente, “se lle ensinará aos veciños”. Ademais, explicou que se arreglará a zona da Garaballa de Abaixo danada ao efectuar o desdobramento da estrada.

Na zona, abundou, a Confederación Hidrográfica está facendo un estanque de tormentas que evitará todos os problemas de saneamento das augas do Parque de Bombeiros e da superficie comercial.

Así mesmo, López Orozco animou aos veciños a utilizar o parque bisoaudable da Milagorsa, así como o das Gándaras “que visitaremos nos próximos días”.

Neste sentido, avanzou que nun breve prazo de tempo se coñecerá o proxecto do Camiño do Souto “que xa se atopa en fase de contratación”.

Ampliación das obras en Duquesa de Lugo
As obras visitadas hoxe forman parte dos proxectos que o pasado ano financiou o Goberno de España con cargo ao Feil. López Orozco anunciou que se trata dunha obra “que terá continuidade” e que consistiu en dobrar a calzada e facer beirarrúas que “nos próximos meses contarán con plaqueta”, unha actuación que non incluía a obra do Plan Zaptero. Agora a zona conta con beirarrúas e dous carrís por sentido de circulación. Ademais, rexenerouse todo o pavimento.

As obras realizadas resúmense en:
Fresado do pavimento existente e reposición mediante aglomerado
Apertura da caixa e execución de beirarrúas para tránsito peonil
Obras de drenaxe para evacuación de augas superfciciais
Sinalización horizontal e obras complementarias

Trátase dunha actuación acometida pola empresa Canalugo que contou cun orzamento de 230.000 euros e se levou a cabo en catro meses. Nela traballaron 7 operarios, dos cales 2 estaban en situación de desemprego.

Na súa intervención, o Alcalde explicou que o Goberno Local pretende facer o mesma actuación desde a rotonda que vai a Albeiros ata a rotonda de Pablo Flavio Maximo. Así mesmo, aclarou que a zona comercial correspóndelle habilitadala aos donos dos terreos.

Peche do Parque de Rosalía
López Orozco anunciou que o Goberno de España ven de autorizar o peche do Parque de Rosalía por un importe de 2.400.000 euros con cargo ao Plan Zapatero. O seguinte paso será encargar o proxecto seguindo o Plan Director existente. A obra, recordou, deberá estar rematada en decembro.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova