Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adxudica o servizo de posta en marcha e arranque do sistema de abastecemento de auga en alta


# Mércores, 10/02/2010
* A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación provisional do Servizo Público Municipal do Centro de Día Novo Antonio Gandoy

Imaxe Asociada

* Aprobouse a apertura do procedemento de adxudicación da xestión do servizo de axuda no fogar e comida no fogar

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación provisional do servizo de posta en marcha e arranque do sistema de abastecemento de auga en alta da cidade a Gestión y Técnicas del Agua, S.A. (GESTAGUA) por un importe de 1.073.438,80 €, que supón unha baixada do 33,60 % sobre o importe de licitación.

Esta adxudicación terá un período dun ano, prorrogable a outro ano máis segundo explicou o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso.

O obxectivo final dos traballos definidos é a posta en marcha e arranque do Sistema de abastecemento en alta de Lugo e a súa operación durante o período de convivencia das novas instalacións coa ETAP que actualmente dá servizo ao Concello. De forma que, á finalización do contrato, estea en condicións de proceder á clausura das instalacións actuais, asumindo o novo sistema a responsabilidade de subministrar a totalidade do caudal de auga potable demandado pola rede de distribución municipal.

O sistema de abastecemento en alta de Lugo está integrado polos elementos seguintes:
Captación e obra de toma no río Miño.
Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP).
Depósito de Peñarrubia.
Impulsións desde a ETAP aos depósitos de Peñarrubia e de Marcelle.
Impulsión desde a nova EDAR da cidade de Lugo.

Enténdese que os traballos obxecto do Contrato se estende a todos os elementos que integran o sistema, considerando a obra de toma, as impulsións e conducións, o depósito de Peñarrubia e a ETAP, incluídas tanto as liñas de tratamento de auga como a liña de tratamento de lodos procedentes dos procesos de decantación.

O Concello de Lugo designará a un Director do Contrato que poderá contar con colaboradores ás súas ordes, integrando a Dirección do Contrato. Devandito Director desempeñará a función coordinadora e establecerá os criterios e liñas xerais do servizo obxecto do Contrato.

O adxudicatario designará a un Delegado que deberá de manter contactos periódicos e frecuentes co Director do Contrato, manténdoo informado de cantas incidencias poidan xurdir durante a execución do servizo.

O adxudicatario será técnica e legalmente responsable do que os técnicos do seu persoal proxecten, ordenen, executen, informen ou calculen, debendo dispor para iso de persoal con formación e titulación adecuada á natureza de cada un dos traballos que se lle encomenden ao amparo do Contrato. O Concello de Lugo non realizará directamente ningunha parte dos traballos, con independencia de proporcionar ao adxudicatario a documentación de que dispoña.

Benestar Social
Por outra banda, segundo explicou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, a Xunta de Goberno aprobou tamén a adxudicación provisional do Servizo Público Municipal do Centro de Día Novo Antonio Gandoy e o subministro de comidas aos usuarios á mercantil E.I.L. Insergal, S.L.U. por un prezo de 85.140 euros anuais.

Ademais, procedeuse á adxudicación definitiva á mercantil Alalás, S.L. de 25 prazas para a atención de persoas maiores dependentes en réxime de atención diúrna por un prezo de 187.500 euros (625 euros/praza). A empresa presentou unha serie de melloras: 2 prazas pola súa conta, servizo de perruquería (1 sesión gratuíta ao mes por usuario), servizo de podoloxía (1 sesión gratuíta cada 2 meses por usuario), servizo dunha ducha semanal, programación de catro saídas anuais, servizo médico xeriatra, aportación dun profesional DUE, aportación dun animador sociocultural, reunión bimestral coas familias e coidadores para orientación psicolóxica e formación en coidados directos dos usuarios.

A Xunta de Goberno tamén aprobou a apertura do procedemento de adxudicación da xestión do servizo de axuda no fogar e comida no fogar do Concello de Lugo. O obxectivo é servir de axuda a persoas e familias no seu propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia na súa contorna habitual. O servizo de axuda no fogar do Concello integra dende hai anos un conxunto de accións encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, facilitar o desenvolvemento integral do individuo, fomentar o desenvolvemento de hábitos saudables e evitar situacións de desamparo.

O orzamento estimado para a prestación do servizo de axuda no fogar é de 1.990.674 euros, e para a prestación do servizo de comida no fogar é de 104.845 euros, cun prezo menú de 5`70 euros. O número aproximado de menús ao mes é de 1.532.

A Concelleira indicou que “este servizo é unha fonte importante de emprego para o Concello, xa que no 2008 tiña 30 traballadores e hoxe conta con máis de 100 persoas traballando na axuda a domicilio”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova