Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo visita "Lugalia", unha empresa simulada creada no CEI a través dunha plataforma virtual


# Mércores, 10/02/2010
* Trátase do único Concello de Galicia beneficiado por esta iniciativa
* O proxecto plantexa a creación dunha empresa a través dunha plataforma virtual


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
* Este proxecto é posible grazas a unha subvención do Ministerio de Traballo e a colaboración coa Fundación Inform
* A acción está destinada a 15 mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego



O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitaron esta mañá nas instalacións do CEI a empresa Lugalia, unha empresa simulada creada a través dunha plataforma virtual ao abeiro dunha subvención concedida polo Goberno de España.

Así, o Concello de Lugo participa nun proxecto de aplicación da metodoloxía SEFED baseada na simulación empresarial co fin de formar a persoas desempregadas na xestión administrativa de empresas. No proxecto estatal participan 21 empresas simuladas, sendo Lugo a única cidade galega que integra a rede. A empresa está destinada á área de xestión cultural e turística.

López Orozco salientou a importancia da iniciativa á que lle desexou grandes éxitos. “Gustaríame que cando remate o período de formación foran quen de crear esta empresa que se dedique á explotación do turismo da nosa provincia que é o que conta cun potencial extraordinario”, expuxo.

Trátase de implantar empresas viables economicamente e ofrecer unha información práctica que contribúa na incorporación dos alumnos ao mercado laboral. Así mesmo, “o desexable sería que axudemos a construír empresas neste eido, polo que os alumnos tamén recibirán formación relativa ao autoemprego”.

Acción subvencionada
A acción formativa denominada SIMUL-e enmárcase dentro do programa SEFED en colaboración coa Fundación Inform e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal do Ministerio de Traballo e Inmigración.

A empresa comezou a súa actividade comercial virtual facendo un percorrido polos produtos de Lugo que poden constituír un atractivo para os cidadáns como panadería e repostería, artesanía, os produtos naturais, gastronómicos ou a natureza e o termalismo.Trátase dunha empresa destinada a xestionar o patrimonio cultural, artístico, histórico e natural da provincia de Lugo.

Trátase dunha empresa dedicada á xestión do turismo cultural que xorde non como unha copia do que xa existe ata o momento senón como un proxecto evolucionado adaptado ás necesidades da sociedade actual: creación dunha páxina web, desenvolvemento sostible, respecto polo medio ambiente, cambio xeracional...

Para levar a cabo esta formación empregarase unha metodoloxía moi innovadora, testada pola fundación Inform e implantada por dous docentes e un coordinador do CEI. A metodoloxía denomínase SEDEF e defínese como un programa formativo que ten como finalidade capacitar persoas no campo da administración e xestión empresarial mediante a metodoloxía da simulación de empresas.

Cada centro formativo no que se imparte o programa transformase nunha oficina administrativa dunha empresa, nunha empresa simulada. Esta empresa simulada establece relacións simuladas con outras empresas iguais, vendendo os seus produtos ou servizos. As empresas simuladas forman unha rede comercial a nivel estatal chamada mercado SEDEF.

O alumnado aprende nun contexto no que se vive o ambiente laboral e se desenvolven as condicións dunha relación de traballo. Para facer viables as transaccións entre empresas simuladas existe a central de simulación.

Os obxectivos desta acción formativa son:
- Formar aos alumnos e achegalos á realidade do traballo nunha empresa
- Traballar en equipo
- Agrupar diferentes perfís académicos-profesionais para lograr un equipo multidisciplinar que traballe de forma máis eficaz e dinámica

O perfil que se buscou para o proxecto foron mozos menores de 30 anos en situación de desemprego.

O programa formativo consta de 10 módulos. A duración do curso é de 600 horas (6 meses) e o número de alumnos beneficiados é de 15.

O proxecto conta cun orzamento de 50.000 euros.

Lugalia
A empresa centrarase, principalmente, en dous segmentos do mercado: os servizos turísticos e os produtos autóctonos máis representativos da provincia.

Os servizos ofertaranse mediante paquetes turísticos por distintas zonas da provincia divididos en 6 tipos de turismo: Turismo Cultural, Turismo Gastronómico, Turismo para grupos de amigos, Turismo para familias. Turismo Activo e Turismo de Luxo. O que distingue a empresa do mercado turístico actual é a posibilidade de escoller tanto as actividades coma os restaurantes ou o aloxamento. Preténdese que o cliente poida personalizar ao máximo a súa estancia na provincia.
Os produtos seleccionados para vender a través da web foron escollidos por ser os máis representativos da cociña lucense e por posuír un nivel de calidade excelente.

Entorno web
Lugarrobalia funcionará a través dun entorno web que será o eixo vertebrador de toda a empresa.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova