Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo continúa a traballar no purgado da rede de auga para que esta sexa apta para o consumo canto antes


# Xoves, 11/02/2010
* Os departamentos implicados no purgado da rede de abastecemento realizaron as súas funcións coordinadamente
* As actuacións realizáronse despois dunha xuntanza dos técnicos de Medio Ambiente e Infraestruturas


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, explicaron esta mañá que os traballos que se están a realizar na rede de abastecemento da auga realizáronse coa total coordinación das súas Concellerías e os técnicos municipais.

González Dopeso indicou que “o Concello estivo a chequear todo o sistema de produción de auga para ver se había algo anómalo, e ao non aparecer nada estraño decidiuse continuar chequeando a rede. Por iso, houbo unha xuntanza entre os técnicos municipais e os responsables de ámbalas dúas Concellerías na que se tomou a decisión de purgar diversos puntos da rede de auga da cidade”.

O Concelleiro explicou que este purgado produciuse un aumento de turbidez polo que se comunicou aos consumidores que non era apta para o consumo.

O responsable de Medio Ambiente indicou que” as mostras de hoxe vese que hai moitos puntos nos que esta turbidez xa desapareceu, o que non quere dicir que nalgúns puntos da cidade poida persistir”. Por iso se están a tomar mostras de auga en diferentes puntos para ver a súa turbidez e realizar as analíticas pertinentes.

“Se a turbidez da normal comunicarémosllo á Consellería de Sanidade, a competente neste tema, e procederemos a facer o que nos indique con respecto á auga”, explicou Dopeso.

Por outra banda, os Concelleiros aclararon que non hai ningún problema entre eles e que neste Goberno facemos as cousas en equipo, tomando as decisións entre nós e cos técnicos competentes”. Piñeiro deixou moi claro que “ningún membro do Goberno municipal toma as decisións de maneira unilateral, senón que o facemos dunha maneira seria e por consenso nos órganos competentes”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova