Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde anuncia que co PXOM desenvolverase toda a zona do Carme


# Xoves, 11/02/2010
López Orozco visitou as obras de reurbanización da contorna da Sala de Exposicións Porta Miñá incluídas no FEIL do 2009

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron esta mañá as obras de reurbanización da contorna de Porta Miñá incluídas nos proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local do ano pasado.

O Alcalde explicou que “a finalidade máis importante destas obras é a de protexer, este excelente museo, así como mellorar todo o que é a zona do Carme”, e engadiu que este desexo “é algo que acadaremos cando estea aprobado o Plan Xeral, melloraremos todo esta contorna, porque é moi importante para a cidade polo que ten de Camiño Primitivo, e tamén, porque está o carón da Muralla”. López Orozco indicou que “esperemos que coa aprobación do Plan pois leve despois, por fin, o desenvolvemento de toda esa gran área tan importante para a cidade”.

O obxecto desta actuación foi a reurbanización da contorna da Praza da Carme, situada na cara norte da Igrexa do Carme (na contorna da porta da Muralla Porta Miñá), e un tramo da calzada de Rúa do Carme paralela a este espazo urbano. Así mesmo incluíu o peche da parcela da Sala de Exposicións Porta Miñá.

O ámbito de actuación atopábase xa urbanizado, con acabados e materiais moi deteriorados e non acordes co perímetro urbano ao que pertencían. Mediante esta actuación o Concello pretendeu iniciar un proceso de rehabilitación urbana nesta pequena área para pór en valor unha parte do patrimonio visual máis importante da cidade.

Renovouse o xardín da Praza do Carmen, con reordenación da traza dos seus camiños, pavimentación dos mesmos mediante pavimento de chan estabilizado tipo Exo-Stabil, dotación de bordillos para o confinamento das súas zonas verdes, dotación dunha nova instalación de iluminación pública, e mellora do seu mobiliario urbano.

Así mesmo reurbanizouse a calzada da Rúa do Carmen, reordenando os carrís no encontro coa Rolda da Muralla e as prazas de aparcadoiro. Para isto foi necesario realizar un recorte do parque para conseguir o espazo necesario na calzada para situar dous carrís de circulación, as prazas de aparcadoiro en liña e as beirarrúas por ambos os lados da rúa. As beirarrúas melloraron as súas dimensións e solucionouse a continuidade do itinerario peonil diante das escaleiras da igrexa do Carmen.

As actuacións que se levaron a cabo na rúa son:
- Renovación da rede de abastecemento
- Execución de rede de drenaxe superficial
- Renovación de iluminación pública
- Obra civil instalación baixa tensión
- Execución de beirarrúas mediante pavimento de baldosa de granito
- Pavimentación de calzada mediante mesturas bituminosas en quente.
- Sinalización horizontal

Finalmente, dotouse dun peche perimetral ao edificio da Sala de Exposicións (por dous laterais), con portalón na fachada principal.

A obra contou cun orzamento de preto de 250.000 euros e foi realizada por Construcións Sanle Lugo S.L. nun prazo de 6 meses. Esta obra contou con cinco traballadores, dos que catro estaban integrados na empresa e un foi contrato novo.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova