Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo anuncia que a auga é apta para o consumo tendo en conta os índices de turbidez


# Venres, 12/02/2010
* O Goberno local comunicou á Concellería de Sanidade a situación da auga puntualmente
* O Concello establecerá un sistema de purgas periódicas


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, anunciou esta mañá en rolda de prensa que segundo “as analíticas da auga realizadas en diferentes puntos da cidade o índice de turbidez está por debaixo dos parámetros establecidos como máximo, polo que pola nosa parte, a auga é apta para o consumo a partir deste momento”.

O Concello recomendara o pasado mércores non consumir a auga da traída por mor da turbidez ocasionada polas purgas na rede. O equipo de Goberno e os técnicos municipais de Medio Ambiente e Infraestruturas decidiron levar a cabo estas actuacións debido ás queixas dos veciños, sobre todo dos profesionais de perruquería, sobre a turbidez que presentaba a auga nalgúns momentos.

O Concelleiro indicou que todas as medidas que se foron adoptando dende o pasado mes de xaneiro, os chequeos na rede, as analíticas, etc, puxéronse en coñecemento da Concellería de Sanidade, “informámoslles con datos e informes”, explicou o Concelleiro.

González Dopeso explicou que “o pasado mércores tomou a decisión de decretar a auga de Lugo non apta para o consumo tendo en conta o seu nivel de turbidez, xa que a miña obriga é velar pola seguridade dos cidadáns”.

O Concelleiro explicou que o Concello establecerá un sistema de purgado da rede periódico “serán previsiblemente nocturnos e avisando a poboación de que terán lugar en determinados sectores do sistema”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova