Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

EBS actuará o xoves 18 no Auditorio Municipal Gustavo Freire dentro do programa de Lugo10


# Luns, 15/02/2010
As entradas están á venda na Cadena Cope

O grupo EBS formado por Rocío Pavón e Marta Botía actuará o vindeiro xoves 18 de febreiro ás 21.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire dentro da programación de Lugo10 e organizado por Cadena Cope.

Os lucenses poderán lembrar temas de Ella baila sola, tan exitoso nos anos 90, como Amores de barra, Lo echamos a suertes ou Cuando los sapos bailen flamenco.

Pero o dúo presentará na cidade os últimos sencillos do seu novo disco Despierta, que supoñen unha nova etapa das artistas rebautizadas como EBS.

As entradas están á venda na Cadena Cope Lugo a un prezo de 15 euros para dúas persoas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova