Imprimir

O CONCELLO DE LUGO RESTABLECE O SUMINISTRO DE AUGA EN ALFONSO X


15/2/2010

A Concellería de Infraestruturas que dirixe José Piñeiro ven realizando os traballos pertinentes de cara a restablecer o suministro de auga na Rúa Alfonso X afectada pola ruptura dunha tubería na noite de onte.

O Concello de Lugo ven de restablecer o suministro de auga.

A avería fixo preciso un corte no suministro na marxe esquerda da Rúa entre a Avenida de Magoi e a Rúa Campos Novos desde a noite de onte.

O Concello de Lugo lamenta as molestias ocasionadas coa incidencia.

O Goberno Local descarta que a avería teña relación coa purga integral efectuada na cidade a semana pasada.