Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa especial de Lugo10 achega esta semana á cidade El Show de Flipy e o concerto de EBS


# Mércores, 17/02/2010
O dúo feminino actuará mañá xoves 18 de febreiro e o científico tolo actuará o día 19 de febreiro no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Imaxe Asociada
O venres 19 de febreiro o cómico actor, monologuista, guionista e produtor Enrique Pérez Vergara, coñecido mundialmente como FLIPY chega a Lugo para ofrecer o seu espectáculo El Show de Flipy.

Trátase dunha actuación englobada dentro do programa especial de Lugo10 organizado polo Concello de Lugo.

O espectáculo que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20.30 horas, xira arredor do cómico televisivo. EL SHOW DE FLIPY é un divertimento, unha cita moi especial en aproximadamente setenta minutos co científico tolo do programa "El hormiguero".

As entradas están á venda na taquilla telefónica de Caixanova 902 504 500 e na web www.caixanova.es a un prezo de 18, 16 e 14 euros segundo a zona.

Concerto
Ademais, o programa de actos de Lugo10 trae esta semana tamén ao dúo EBS que actuará mañá xoves 18 de febreiro no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 21.00 horas.

Marta e Rocío lembrarán temas de Ella baila sola, tan exitosos nos anos 90, como Amores de barra, Lo echamos a suertes ou Cuando los sapos bailen flamenco.

Pero o dúo presentará na cidade os últimos sencillos do seu novo disco Despierta, que supoñen unha nova etapa das artistas rebautizadas como EBS.

As entradas están á venda na Cadena Cope Lugo a un prezo de 15 euros para dúas persoas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova